Carta ordinaria
É a modalidade máis utilizada entre empresas, sempre e cando o envío non supere os 2 kg. e non requira entrega urxente.
Características
Tarifas
Carta Certificada
Entregas nas que se garante a recepción mediante a sinatura do destinatario ou unha persoa autorizada. Se non pudiera entregarse, advertirase ao receptor mediante un aviso de que dispón de 15 días para recoller o envío nunha oficina de Correos.
Para a súa comodidade o servizo de identificación de certificados permítelle confeccionar unha relación de envíos certificados mediante a identificación das cartas que a compoñen para a súa posterior admisión nas Oficinas Postais de Correos. Pode subir ficheiros cos datos dos destinatarios, pagar mediante franqueo electrónico e imprimir as etiquetas: aforre tempo cos Servizos online de Correos.
Características
Tarifas
Carta certificada urxente
Para aqueles envíos máis urxentes. O envío da súa documentación estará rexistrado e controlado, a entrega realízase en domicilio e mediante sinatura do destinatario en 24 horas (prazo medio segundo orixe / destino) cando os envíos se depositaron en oficinas antes das 18.00 horas, e antes das 19.00 horas en unidades de admisión masiva para clientes con contrato.
Pódese realizar un seguimento do envío a través da
páxina web de Correos
ou teléfono,
preparar os envíos dende o ordenador, e complementalo con Aviso de recibo, Reembolso , Seguro ou Carácter urxente.
Postal Exprés
Con Postal Exprés dispón dun tratamento exclusivo que lle garante, no ámbito nacional, a entrega dos seus documentos nun máximo de 48 horas, a domicilio e baixo sinatura. No ámbito internacional, o prazo é de dous días para os envíos dirixidos ás principais cidades de Europa e EEUU.
Pódese realizar un seguimento do envío a través da páxina de correos ou teléfono, e completalo con aviso de recibo, reembolso ou seguro.
Características
Tarifas
Carta Urxente
Envíos que chegan en 24 horas no caso de España e tres días no de Europa. No deben sobrepasar os 2 kg.. Sempre se entregan no domicilio do destinatario e poden ter carácter certificado.
Características
Tarifas
Correo Urxente Internacional (CUI)
Servizo baixo contrato para o envío de documentos de ata 2 quilogramos con carácter urxente, seguimento informatizado e depósito na caixa do correo do destinatario. Para o envío de documentos a determinadas cidades de Europa de xeito rápido e económica.
Características
Tarifas
Notificacións administrativas
Trátase dun servizo indicado exclusivamente para entidades administrativas e xudiciais que queiran ter constancia de que se realizou a entrega das súas comunicacións de carácter legal. Van certificadas e realízanse ata dous intentos de entrega en domicilio. Deste xeito cumpren todos os requisitos do Procedemento Administrativo Común.
Características
Acceda desde aquí ao Servizo de Notificacións Telemáticas Seguras
Correo Dixital
Para enviar documentos desde o ordenador compoñendo o texto online ou subindo un arquivo Word ou PDF, que Correos se encarga de imprimir en branco e negro ou cor, ensobrar e depositar na caixa do correo. Pode enviar un mesmo documento a múltiples destinatarios, tanto ordinario como certificado e a calquera destino.
O xeito máis cómodo de enviar documentos a múltiples destinatarios e publicidade a toda cor sen ter que preocuparse de nada.
Tamén se pode enviar unha postal cunha imaxe persoalizada ou algunha das que ofrece Correos.
Características
Tarifas
Acceda desde aquí ao Correo Dixital
|