|
|
Cartas e documentos
Carta ordinaria
É a modalidade máis utilizada entre particulares cando o envío non supera os 2 kg. e non require entrega urxente.
Carta certificada
Entregas nas que se garante a recepción mediante a sinatura do destinatario ou unha persoa autorizada. Se non puidera entregarse, advertirase ao receptor mediante un aviso de que dispón de 15 días para recoller o envío nunha oficina de Correos.
Pódese realizar un seguimento do envío a través da páxina web de Correos ou teléfono, preparar os envíos desde o ordenador, e complementalo con Aviso de recibo, Reembolso, Seguro ou Carácter urxente.
Carta certificada urxente
Para aqueles envíos máis urxentes. O envío da súa documentación estará rexistrado e controlado, a entrega realízase en domicilio e mediante sinatura do destinatario en 24 horas (prazo medio segundo orixe / destino) cando os envíos se depositaron en oficinas antes das 18.00 horas, e antes das 19.00 horas en unidades de admisión masiva para clientes con contrato.
Postal Exprés
Con Postal Exprés dispón dun tratamento exclusivo que lle garante, no ámbito nacional, a entrega dos seus documentos nun máximo de 48 horas, a domicilio e baixo sinatura. No ámbito internacional, o prazo é de dous días para os envíos dirixidos ás principais cidades de Europa e EEUU.
Pódese realizar un seguimento do envío a través da páxina web de Correos ou teléfono, e complementalo con Aviso de recibo, Reembolso ou Seguro.
Sobre prepagado Postal Exprés
Correos pon ao seu servizo sobres plastificados coas mesmas prestacións e garantías que o Postal Exprés para que os seus documentos, ata 350 g e 1 kg, circulen mellor protexidos.
Carta Urxente
Estes envíos chegan ao seu destino nun día hábil no caso de España e tres no de Europa.
Sempre se entregan no domicilio do destinatario e poden ter carácter certificado entregándose baixo sinatura nos mesmos prazos.
Correo Urgente Internacional (CUI)
Servizo para o envío de documentos de ata 2 Kg con carácter urxente e seguimento informatizado.
Correo Dixital
O Correo Dixital permite enviar unha carta ou tarxeta postal desde o ordenador. Pode configurar a súa carta ou postal desde o ordenador, a partir de documentos propios (Word ou PDF) ou compoñéndoo online, e Correos encárgase de imprimir en branco e negro ou cor, ensobrar e depositar na caixa do correo.
Pode enviar un documento a múltiples destinatarios, tanto ordinario como certificado e a calquera destino. E enviar unha postal cunha imaxe personalizada ou algunha das que ofrece Correos.
Tarxeta Postal
Os prazos de entrega son iguais aos das cartas ordinarias.
Perfecta para enviar mensaxes breves e que non sexan de tipo confidencial debido a que este tipo de envíos circulan ao descuberto.
Tamén se pode enviar unha postal por Correo Dixital cunha imaxe personalizada ou algunha das que ofrece Correos.
|
|
|
|
|
| Oficina Postal Virtual |
Aberto 24 horas. Faga as súas xestións dende aquí. |
|
| Ver máis > |
|
|
| Ganes |
Obteña todos os recursos necesarios para xerar os seus albarás de entrega. |
|
| Ver máis > |
|
|
| Mercadotecnia directa |
| Solucións personalizadas para a comunicación cos seus clientes. |
|
| Ver máis > |
|
|