Tarifa plana

O teu envío internacional a un prezo fixo, como e cando queiras.

dende

25 €

Servizos adicionais

Seguro

Contrata un seguro complementario que cubra a perda ou deterioración dos teus envíos, cun límite máximo de 3.000€.
MÁIS INFO

Reembolso

Recibe o cobramento dos teus envíos de xeito máis seguro, sinxelo e fiable. Dende Correos reembolsámosche a cantidade aboada previamente polo destinatario e que aparece no envío.

Prueba de Entrega Electrónica (PEE)

Xustificante dixital da entrega certificada.
MÁIS INFO
Elixe a túa embalaxe preferida entre sobre acolchado ou ríxido e caixa mediana ou grande. Podes compralos na nosa Tienda Online.*
Escribe os teus datos e os do destinatario con letra clara nun lugar visible da embalaxe e péchao ben.
Ven a vernos! Achégate a unha oficina de Correos e pídenos contratar a Tarifa plana. Encargámonos de que chegue ao seu destino.

Información do produto

Descrición

A Tarifa Plana Internacional é a opción ideal para particulares e pemes que queren xestionar os seus envíos comodamente e ao mellor prezo: 

  • Á túa medida: elixe o prazo de entrega e a embalaxe que mellor se adapta ás túas necesidades.
  • Con garantías: dous intentos de entrega con comprobante dixital en tempo real, segundo o país de destino.
  • Pola túa tranquilidade: seguimento online do teu envío en todo momento e xestión de incidencias.
  • Sen límites: para envíos internacionais.

Detalles de envío

Para aplicarche a Tarifa Plana Internacional só necesitamos que elixas entre estas embalaxes:

Envíos menos urxentes por Correos: calquera tipo de embalaxe.

Envíos máis urxentes por Correos Express:

  • Sobre acolchado: 425 x 300 mm, ata 3 kg.
  • Caixa pequena: 350 x 280 x 100 mm, ata 5 kg.
  • Caixa mediana: 390 x 280 x 190 mm, ata 10 kg.
  • Caixa grande: 500 x 300 x 300 mm, ata 15 kg.

 

Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos:

  • Escribe os teus datos e os do destinatario con letra clara nun lugar visible da embalaxe e péchao ben.

Garantías e prazos de entrega

Con todas as garantías que ofrecemos dende Correos.

Localiza a túa oficina de Correos máis próxima e tráenos o teu envío, axustámonos a uns prazos de entrega:

Envíos menos urxentes por Correos:

  • Zona A: Para os países pertencentes á Unión Europea, sendo os prazos de entrega orientativos.
  • Zona B: Para o resto de países, sendo os prazos garantidos (consulta as condicións para os prazos de entrega no Anexo I e os destinos dispoñibles e prazos de entrega no Anexo II).

Envíos máis urxentes por Correos Express: o prazo de entrega varía dende os 3 aos 5 días hábiles dependendo do país de destino. Se necesitas máis información consulta en calquera das nosas oficinas, xa que os prazos poden cambiar en función de Fedex.

Prazos de entrega Destinos dispoñibles envíos Correos Express Condicións dos servizos paquetería internacional

Prezos

Elixe a opción que máis se adapte ás túas necesidades. Aseguramos un prezo fixo.

Achégate ás nosas oficinas e informarémoste.