Portal de Correos

Correos - Popup

Logotipo Grupo Correos

TARIFAS

Se o envío que está a esperar vostede posúe valor comercial, procede de países non pertencentes á Unión Europea, Illas Canarias, Ceuta ou Melilla, e ten como destino Península ou Baleares, estará suxeito á realización de trámites aduaneiros, para os que se establecen as seguintes tarifas:

  1. PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO:

    Nos supostos en que o envío vaia dirixido a persoa física, teña un valor inferior a 150 € e non estea suxeito a controis á importación de carácter paraduaneiro (inspección de sanidade, farmacia...) nin estea gravado por impostos especiais (sobre o alcohol, o tabaco, etc.), vostede recibirá directamente no seu domicilio o envío e, no acto da entrega por Correos, deberá pagar o importe correspondente ao IVE á importación e a tarifa de DUA Simplificado.

    Tarifas de Correos:

    DUA simplificado de importación para envíos procedentes de Canarias, Ceuta e Melilla 12,84 € + IVE
    DUA simplificado de importación para envíos procedentes de Terceiros Países 14,98 € + IVE


    Exemplo de liquidación

    Para unha mercadoría valorada en 100€

    Se se trata dunha importación de TERCEIROS PAÍSES:
    IVE á importación 21% 100 x 21%= 21€ 
    Gastos Correos como Representante ante a aduana 14,98 + IVA = 18,13€ 
    Total Trámite 21 + 18,13 = 39,13€ 

    Se se trata dunha importación de CANARIAS/CEUTA OU MELILLA:
    IVE á importación 21% 100 x 21%= 21€ 
    Gastos Correos como Representante ante a aduana12,84 + IVA = 15,54€ 
    Total Trámite 21 + 15,54 = 36,54€
     
  2. PROCEDEMENTO ORDINARIO:

    En calquera outro caso, vostede recibirá un Aviso de Correos no seu domicilio, no que se lle informará dos pasos que ten que seguir para poder recibir o seu envío unha vez realizados os trámites ante a aduana e unha vez pagados os dereitos á importación (arancel á importación, impostos especiais, se é o caso, IVE).

    Para a realización dos devanditos trámites, vostede dispón de tres alternativas:

    2.1 UTILIZAR CORREOS COMO O SEU REPRESENTANTE INDIRECTO ANTE A ADUANA. Esta opción permitiralle realizar os trámites dende o seu domicilio sen ter que realizar ningún desprazamento.

    Tarifas que hai que pagar a Correos:

    DUA ordinario de importación para envíos procedentes de Canarias, Ceuta e Melilla 16,07 € + IVE
    DUA ordinario de importación para envíos procedentes de terceiros países 19,19 € + IVA
    Gastos por trámites aduaneiros 4,41 € + IVE


    Exemplo de presuposto

    Para unha mercadoría valorada en 230 € e unha porcentaxe de arancel  do 3% (as mercadorías cuxo valor sexa inferior a 150 € gozan de franquía arancelaria -arancel-, só pagan IVE de importación)

    Se se trata dunha importación de TERCEIROS PAÍSES:
    Arancel 3% 230,00 x 3%= 6,9€*
    IVE 21% 236,90 x 21%= 49,75€
    Gastos Correos4,41+ IVE. = 5,34€
    Gastos Correos como Representante da Aduana19,19 + IVE= 23,22€
    Total que hai que pagar 6,90€+ 49,75€+ 5,34€ + 23,22€ =85,21 €
    *esta cota débese sumar ao valor da mercadoría para calcular a base do IVE

    Se se trata dunha importación de CANARIAS *:
    IVE 21%230 x 21%= 48,3€
    Gastos Correos4,41+ IVE. = 5,34€
    Gastos Correos como Representante da Aduana 16,07 + IVA. = 19,44€
    Total que se vai pagar 48,3€+ 5,34€ + 19,44 € = 73,08 €
    *Non hai arancel

    Se se trata dunha importación de CEUTA OU MELILLA con arancel:
    Arancel 3%230,00 x 3%= 6,9€*
    IVE 21%236,90 x 21%= 49,75€
    Gastos Correos4,41+ IVE. = 5,34€
    Gastos Correos como Representante da Aduana 16,07 + IVE. = 19,44€
    Total que hai que pagar 6,90€+ 49,75€+ 5,34€ + 19,44€ = 81,43 €
    *esta cota débese sumar ao valor da mercadoría para calcular a base do IVE
    Estas tarifas poden estar suxeitas a variación segundo sexa a natureza do envío ou outros trámites aduaneiros que poidan realizarse

    2.2 REALIZAR LAS GESTIONES USTED PERSONALMENTE (presentandose en la Aduana o a través del Formulario Simplificado para particulares)

    Tarifas que hai que pagar a Correos:

    Gastos por trámites aduaneiros 4,41 € + IVE


    2.3 CONTRATAR OS SERVIZOS DUN AXENTE DE ADUANAS OU TRANSITARIO.

    Tarifas que hai que pagar a Correos:

    Cesión de documentos a outro representante 12,84 € + IVE
    Gastos por trámites aduaneiros 4,41 € + IVE