Importación

Se estás esperando un envío internacional, lembra que todas as mercadorías, mesmo as compradas por Internet, poden estar suxeitas a restricións, así como ao pagamento de importes aduaneiros e de xestión por parte de Correos segundo o seu contido, valor e outros criterios que a Alfándega aplica aos envíos:

  • Gastos aduaneiros de importación segundo a lexislación vixente:
    • Pagamento de dereitos arancelarios (imposto comunitario da Unión Europea) en función do contido do envío.
    • Pagamento de impostos nacionais (IVE) ou locais (IXIC, AIEM, IPSI) segundo corresponda.
    • Pagamento de impostos especiais: tabaco, alcohol etc.
 
  • Gastos de Correos por xestión e tratamento dos envíos:
    • Tramitación do Documento Único Administrativo (DUA) de Importación Tarifa por presentación á Aduana. (DUA ordinarios envíos >150 EUR)
    • Tarifa por xestión Aduaneira (envíos ≤ 150 EUR que non veñan por IOSS)
    • Gastos derivados dos controis fronteirizos de seguridade, segundo a natureza do envío (sanidade, farmacia, veterinario etc.).
    • Calquera outro gasto derivado das xestións necesarias para a xestión aduaneira do envío.

É fundamental presentar a factura comercial, xustificante de pagamento por Internet para os obxectos adquiridos vía online ou para os envíos con mercadorías ou calquera outro documento que, se é o caso, se poida requirir.

É responsabilidade do destinatario coñecer as condicións de importación do seu envío (prohibicións, restricións, limitacións etc.) e informarse sobre os documentos que poidan ser esixidos á súa chegada: factura comercial, certificado de orixe, licenzas, autorizacións especiais para controis fronteirizos etc.

Importación en España de envíos postais con orixe Reino Unido, agás o territorio de Irlanda do Norte.

Dende o 1 de xaneiro de 2021, para que Correos poida proceder á entrega aos destinatarios en España de envíos contendo mercadoría procedente do Reino Unido, agás o territorio de Irlanda do Norte,  será necesaria a súa presentación a despacho perante a Aduana española.

O destinatario deberá sufragar os gastos correspondentes á tramitación aduaneira así como o pagamento dos tributos que se devindiquen consonte á normativa aduaneira vixente (IVE ou IXIC en Canarias) e Impostos Especiais. Non obstante, poderá quedar dispensado do pagamento de aranceis cando se acredite  documentalmente que a mercadoría contendida no envío é de orixe Reino Unido, agás o territorio de Irlanda do Norte.

Tarifas

Importación en Península e Baleares

A introdución en Península e Baleares de mercadoría procedente de fóra da Unión Europea, Canarias, Ceuta e Melilla está suxeita a tramitación de importación ante a alfándega.

MÁIS INFO

Importación en Canarias

Calquera mercadoría que se introduce en Canarias está suxeita a trámites aduaneiros de importación.

MÁIS INFO

Importación en Ceuta

Calquera mercadoría importada en Ceuta pode estar suxeita a trámites aduaneiros de importación.

MÁIS INFO

Importación en Melilla

Correos non exerce ningunha actividade de representante aduaneiro neste territorio.

MÁIS INFO