Portal de Correos - Emisións de selos

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Sello con RA: TICS

  • Data de emisión: 14/03/2014
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo
  • Característica especial: Sello con Realidad Aumentada
  • Tamaño do selo: 40.9 x 28.8 mm
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0.37 €
  • Tiraxe: Ilimitada
  • Temática: Tics

TICS

                                        
 
TIC
                                                                    Emoticonas
 
            É un feito que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) cambiaron as relación entre países, empresas e individuos. As telecomunicacións avanzan dende o século XIX, ampliando as súas diferentes técnicas e abranguendo cada vez máis espazos de propagación. O tecido entre estas tecnoloxías e a revolución informática que se vén producindo nas últimas décadas propiciou que xa non só a comunicación, senón tamén a información, corran dun xeito inmediato. Todo isto nunha magnitude inimaxinable e ata calquera sitio do planeta, permitindo unha comunicación bidireccional pola que un individuo é partícipe de recibir e emitir, así como de facer partícipe en tempo real ao resto de individuos dunha nova ou calquera opinión, coñecemento, etcétera.
            Por outra banda tamén revolucionaron o negocio comercial tradicional ao incorporares todo un proceso de transaccións directas entre particulares e empresas, vinculadas ao formato on-line.
            Como parte deste espazo tecnolóxico, Correos pon en circulación un selo dedicado ás TIC, facéndoo da mellor maneira posible, ofrecendo a información a través de ferramentas como o código QR, as emoticonas e a Realidade Aumentada (RA) (combinación de imaxes reais con creación virtuais).
                        Os códigos QR son matrices de puntos bidimensionais formadas por unha serie de cadrados negros sobre un fondo branco, que permite almacenar moita máis información que os códigos de barras tradicionais. A incorporación dun software nos ordenadores e nos modernos teléfonos móbiles posibilita a súa lectura, e polo tanto, máis oportunidades de uso orientadas ao consumidor.
            Cando se capta o código QR do selo, accederemos á descarga do programa que nos permite descubrir o mundo da RA. Grazas a un vídeo veremos unha recreación práctica que nos informa das posibilidades que a RA pode ofrecer e das súas múltiples aplicacións.         
            No selo tamén podemos ver unha emoticona riseira, chiscándonos un ollo cómplice e convidándonos a un paseo entre virtualidade e realidade. Estas figuras comezaron a aparecer cando o uso do correo electrónico empezou a ser xeral, empregando un curioso código con algúns signos do teclado para expresar os estados de ánimo.     
                        Esta emisión ten a particularidade, por vez primeira, de poder acceder a unha información máis aló do propio motivo do selo, aplicando practicamente o noso dispositivo móbil. ¡Bótalle un ollo!
 

Compárteo nas túas redes