Portal de Correos - Emisións de selos

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Sello con RA: Efemérides. IV Centenario del Fallecimiento del Greco

  • Data de emisión: 19/06/2014
  • Procedemento de Impresión: Calcografía + Huecograbado
  • Papel: Engomado
  • Característica especial: Sello con Realidad Aumentada
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm
  • Tamaño da folla bloque: 150,5 x 86,4 mm
  • Valor postal dos selos: 2 €
  • Tiraxe: 300.000
  • Temática: Efemérides. IV Centenario del Fallecimiento de El Greco

Efemérides. IV Centenario Fallecimiento del Greco

EFEMÉRIDES

Visiona el sello del Greco con RA (Realidad Aumentada)

Ver Prueba de artista de este sello

             Conmemórase o IV Centenario do falecemento do Greco coa emisión dunha folla bloque que reproduce a obra titulada Vista e Plano de Toledo, conservada no Museo Del Greco (Toledo). O selo enmarca un fragmento do cadro no que aparece a Virxe impoñendo a casula a San Ildefonso.

            O pintor Doménikos Theotokópoulos, coñecido como O Greco, naceu na illa de Candía (a moderna Creta) no ano 1542, e morreu en Toledo, en 1614. Iniciouse como pintor de iconas seguindo a tradición bizantina da illa, naquel tempo territorio da República de Venecia. Trasladouse a Venecia arredor do 1560, onde aprendeu dos grandes pintores do alto renacemento, como Tiziano, do que foi discípulo, Tintoretto, Bassano e Veronés. O seu estilo tivo unha enorme influencia veneciana, e desa época son as obras Fuxida a Exipto, Estigmatización de San Francisco e Adoración dos pastores, nas que se poden apreciar as dotes pictóricas que irá madurando co tempo.

            Trasládase a Roma no ano 1570, e amplía a súa formación co estudio da obra de Michelangelo e o manierismo. Nesa etapa viviu na residencia do cardeal Alejandro Farnesio, para o que pintou varias obras, así como retratos e temas relixiosos encargados por particulares. Non obstante, non conseguiu encargos públicos que acrecentasen a súa fama.

            O Greco estableceuse en Toledo no ano 1577, onde viviu e traballou até a súa morte no 1614. As súas primeiras obras realizounas para o mosteiro de Santo Domingo el Antiguo: tres retablos nos que se xa é posible apreciar o seu estilo particular (1577-1579). Neses anos pintou para a catedral de Toledo O Espolio, unha das súas obras cumio. Recoñecido como o pintor máis eminente da cidade, encargáronselle grandes lenzos para retablos de igrexas e institucións relixiosas, ademais dunha serie de retratos individuais que lle sitúan entre os mellores pintores retratistas de todos os tempos.

 

            A obra Vista e plano de Toledo, reproducida na folla bloque, mostra unha perspectiva múltiple da cidade e un mozo mostrando un plano e varias alegorías; todo o conxunto baixo as trazas características do Greco. A emisión incorpora a tecnoloxía de Realidade Aumentada (RA), que permite capturar a través da cámara dun Smartphone ou dunha tableta imaxes virtuais e reais relacionadas co motivo do selo; neste caso cos selos dedicados ao Greco e máis á súa pintura.

Compárteo nas túas redes