Portal de Correos - Emisións de selos

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Sellos con RA: Numismática

  • Data de emisión: 04/11/2014
  • Procedemento de Impresión: Offset con foil
  • Papel: Engomado
  • Característica especial: 2 Sellos con Realidad Aumentada
  • Tamaño do selo: 57.6 x 40.9 mm y 32mm diametro
  • Valor postal dos selos: 2 € cada motivo
  • Tiraxe: 300.000
  • Temática: Numismática

Numismática

NUMISMÁTICA

A nova serie filatélica dedicada á Numismática consta de dous selos que reproducen, respectivamente, o reverso dun billete de peseta do ano 1953 e o anverso dunha moeda de 1 peseta do ano 1944. Os dous valores van unidos polo dentado e incorporan tecnoloxía de Realidade Aumentada (RA), que captura a imaxe por medio dun teléfono intelixente e a remite a unha animación e vídeo informativo sobre a fabricación dos billetes e moedas pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). É posible apreciar un lixeiro relevo no selo redondo, e o sistema de impresión ten engadido “cool stamping”, que simula o metalizado das moedas.
Numismática é á ciencia que estuda o coñecemento das moedas e medallas, principalmente da antigüidade. Constitúe unha ciencia auxiliar da historia pola cantidade de datos que proporciona, xa que permite establecer datas, dinastías e relacións políticas e económicas entre os pobos cando non hai documentación escrita. Estas pezas metálicas permiten coñecer a historia dun país e o seu grado de desenvolvemento, así como seguir a súa evolución a través delas.
Outro aspecto da numismática ten que ver coa arte e o procedemento de cuñaxe. As moedas máis antigas apenas levan impreso un cuño feito a golpe de martelo, que co paso do tempo evolucionou e deu lugar a moedas acuñadas con coidadosos motivos de deuses, animais, arqueiros, bustos e figuras ecuestres. Os carácteres artísticos reflicten o gusto do momento e aportan información para o estudio da historia da arte.
Antes da aparición da moeda existía o troco: un intercambio de produtos e mercancías. Máis tarde, o metal foi adoptado como moeda de transacción comercial, quedando regulada polo peso, o metal de composición (ouro, prata, bronce, cobre ou metais híbridos) e a lei (maior ou menor pureza do metal).
O interese por coleccionar moedas parece que comezou a finais do século XVIII, pero foi no XIX cando xurdiron os grandes coleccionistas e se crearon as sociedades numismáticas internacionais que publicaron os primeiros índices, catálogos e guías para coleccionar.
 

Compárteo nas túas redes