Portal de Correos - Emisións de selos

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Ocio y Aficiones. Papiroflexia (sello RA)

  • Data de emisión: 17/07/2017
  • Procedemento de Impresión: Offset + troquelado + AR
  • Papel: Engomado
  • Tamaño do selo: 60 x 60 mm
  • Tamaño da folla bloque: 120 x 120 mm
  • N.º de selos por folla bloque: 1
  • Valor postal dos selos: 4.25 €
  • Tiraxe bloque: 180.000

Papiroflexia

OCIO E AFECCIÓNS

Papiroflexia, “A arte de dobrar papel”

Correos conseguiu realizar o primeiro selo no mundo de papiroflexia coa forma da pájara pinta ou paxariña en España.

A papiroflexia defínese como a arte de crear figuras de papel sen realizar ningún corte nin empregar pegamento, só pregando un cadrado de papel.

As figuras de papel resultantes da pregadura poden ser de formas variadas, tales como flores, animais, obxectos, mesmo caras ou elementos arquitectónicos.

A orixe da papiroflexia, ou tamén chamado origami, dátase en China no século I ou II d.C.; chegou a Xapón no século VI d.C., onde se integra na cultura xaponesa e comeza o seu desenvolvemento e posterior auxe. Nos seus inicios, e neste último país, era unha arte da que só podía gozar a nobreza debido ao alto prezo do papel.

En Occidente o papel descóbrese ao ser traído nas caravanas da ruta da seda e esténdese rapidamente polo seu menor custo e doado manipulado.

Aínda así, podemos considerar que os dous grandes berces da papiroflexia (en Occidente) e o origami (en Oriente) foron España e Xapón. En ambos os dous países desenvolvéronse dúas figuras clásicas e de gran tradición: a grúa en Xapón e a paxariña en España.

A selección da paxariña como o primeiro selo postal de papiroflexia débese a que é unha figura moi interesante por dúas razóns fundamentais: é unha forma clásica e absolutamente recoñecible en todo o mundo como un elemento de papiroflexia e, por outro lado, a paxariña relaciónase coa pomba mensaxeira, que, á súa vez, forma parte da orixe e actividade do correo no mundo.

O selo está baseado na base cadrada moi coñecida por todos os afeccionados pola súa simplicidade e versatilidade. Na folla bloque encóntranse descritos os pasos para conseguir a paxariña dobrando o selo polas liñas que ten marcadas. Ademais, o selo incorpora Realidade Aumentada para descargar un titorial de como montar a paxariña.

Tanto o selo sen pregar como o selo pregado en forma de paxariña poden ser usados como selos para colocar nunha carta e ser enviada ao seu destino.

Esperamos que gocen pregando este selo.

Ver tutorial:   " plegado del sello"

 

 

Compárteo nas túas redes