Portal de Correos - Importación

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Ayudarte a traspasar fronteras

Preguntas frecuentes sobre trámites aduaneiros

1. Por que o meu envío debe pasar trámites aduaneiros?
2. Por que teño que pagar de novo, se o remitente pagou xa en orixe?
3. Por que teño que pagar impostos polos envíos que son regalos?
4. Se os meus envíos son efectos persoais, que procedemento debo seguir?
5. Que podo facer se non teño factura? Que se pode presentar no seu lugar?
6. E se o envío se fai de particular a particular, tamén hai que pagar?
7. Cando hai que pagar aranceis (dereitos de alfándega)? Páganse para todos os produtos?
8. Cando hai que pagar IVE?
9. Por que é necesario o NIF para realizar os trámites aduaneiros?
10. Podo autorizar un familiar, amigo, etc. para realizar os trámites aduaneiros no meu nome? Que documentación necesita esa persoa?
11. Se a factura se encontra no interior do envío, pódese abrir o paquete?
12. Cal é o prazo máximo para realizar os trámites de importación da mercadoría?

 

1. Por que o meu envío debe pasar trámites aduaneiros?
A importación de mercadorías nun país ou territorio fiscal diferente ao da orixe da mercadoría implica a obriga de tramitación aduaneira. Toda mercadoría debe pasar uns controis fronteirizos de seguridade (controis sanitarios, de calidade, etc.) e cumprir coas obrigas fiscais do país de destino (pagamento de impostos e aranceis), ademais doutros gastos derivados da xestión dos trámites de importación e custodia e almacenamento dos envíos.

2. Por que teño que pagar de novo, se o remitente pagou xa en orixe?
En función da lexislación de cada país, a mercadoría que se transporta por medio de envíos postais pode estar suxeita a controis aduaneiros e paraduaneiros de saída (exportación) no país de orixe e de controis aduaneiros e paraduaneiros de entrada (importación) no país de destino; estes controis á saída e á entrada son diferentes porque se realizan por autoridades diferentes: as do país de orixe e as do país de destino ou de importación que son, polo xeral, por conta do destinatario.


Como norma xeral, as mercadorías importadas deberán pagar os impostos indirectos que gravan o consumo no territorio de destino, imposto nacional/local, como é o IVE no caso de península e Baleares, IXIC en Canarias e IPSI en Ceuta e Melilla; e, por outra banda, os dereitos aduaneiros ou arancel comunitario (imposto comunitario da UE) e os Impostos Especiais, que gravan tabaco, alcohol, hidrocarburos, etc.
 

3. Por que teño que pagar impostos polos envíos que son regalos?

Os envíos entre particulares que conteñan regalos cun valor da mercadoría por enriba de 45 € están suxeitos ao pagamento dos impostos.

Neste caso, a lei considera que se trata de mercadoría obtida fóra do territorio fiscal de destino e que vai a ser consumida/utilizada dentro deste, polo que está suxeita ao pagamento de tributos.

 

Só no caso de efectos persoais usados, tras realizar a declaración mediante DUA destes e a comprobación, se é o caso, por parte da alfándega, poderían estar exentos do pagamento de tributos, pero o destinatario deberá de pagar a xestión de Correos ante a alfándega (DUA).


4. Se os meus envíos son efectos persoais, que procedemento debo seguir?
Enténdense por efectos persoais, os obxectos USADOS (roupa, libros, etc.). Non son efectos persoais os artigos ou mercadorías compradas para uso persoal.
Os efectos persoais están suxeitos a trámites aduaneiros, se ben soamente poden declararse exentos tras a declaración e comprobación por parte da alfándega.

Para iso, é necesario achegar no envío unha factura pro forma ou  ben cubrir o punto 2 do aviso de chegada para indicar o contido exacto da mercadoría (non é válido indicar regalos, mostras...) e o valor desta que nunca pode ser 0.


5. Que podo facer se non teño factura? Que se pode presentar no seu lugar?
Para realizar a declaración aduaneira de importación, as empresas deben achegar sempre unha factura comercial ou unha factura pro forma.

Pola contra, se o importador é un particular que non pode achegar factura ou ningún outro documento xustificativo do valor da mercadoría (xustificante de pagamento, PayPal, etc.), poderán encher unha Declaración xurada de valor (que figura no Aviso de chegada) acompañado do xustificante bancario de ingreso.


6. E se o envío se fai de particular a particular, tamén hai que pagar?
Nos envíos entre particulares que non respondan a unha transacción comercial están suxeitos ao pagamento de tributos sempre que o valor da mercadoría exceda de 45 €.

Poden quedar exentos do pagamento de tributos os envíos entre particulares que teñan a consideración de efectos persoais con motivo de traslado de residencia. Para iso é necesario presentar unha declaración ante a alfándega e poder acreditar que a antigüidade destes é igual ou superior a seis meses.

Unha vez presentada a declaración ante a alfándega, esta pode inspeccionar os envíos antes de resolver se se encontran exentos ou non do pagamento de tributos por consideralos como efectos persoais cunha antigüidade de máis de seis meses.

 

7. Cando hai que pagar aranceis (dereitos de alfándega)? Páganse para todos os produtos?

Soamente son susceptibles do pagamento de arancel á importación as mercadorías cun valor por enriba de 150 €.

Pola contra, as mercadorías cun valor inferior a 150 € non están suxeitas ao pagamento do arancel, aínda que si estean suxeitas ao pagamento do IVE á importación ou aos impostos especiais como norma xeral.

 

Algúns produtos están libres de pagamento de arancel e outros están suxeitos a dereitos adicionais, depende do país de fabricación e do produto.


8. Cando hai que pagar IVE?

Calquera mercadoría importada en España cun valor superior a 22 € é susceptible do pagamento de IVE (imposto nacional), sempre que exista unha transacción económica, tanto se o destinatario é unha empresa como un particular.

Os envíos entre particulares que conteñan regalos cun valor da mercadoría por enriba de 45 € están suxeitos ao pagamento dos impostos.


O tipo xeral do IVE para a importación de produtos en España é do 21 %, pero en certos produtos aplícase un IVE reducido (10%) e superreducido (4%).

9. Por que é necesario o NIF para realizar os trámites aduaneiros?
Os trámites aduaneiros formalízanse co DUA (Documento Único Administrativo).

DUA é unha declaración fiscal e, como tal, require do NIF tanto do remitente coma do destinatario como identificador (Resolución DUA 27 de xuño de 2012 e disposición adicional sexta da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria).

10. Podo autorizar un familiar, amigo, etc. para realizar os trámites aduaneiros no meu nome? Que documentación necesita esa persoa?
Se elixes a opción de realizar os trámites de importación persoalmente, podes autorizar outra persoa presentando o “Aviso Postal” que che fixemos chegar á túa caixa de correo asinada polo interesado; DNI, pasaporte, NIE da persoa autorizada; fotocopia do DNI, pasaporte, NIE do destinatario e o libro de familia, se o destinatario é menor de idade.

11. Se a factura se encontra no interior do envío, pódese abrir o paquete?
Axencia Tributaria é a única que ten autorización legal para abrir un paquete postal de oficio. É importante advertir ao remitente do envío que a factura e outros documentos que poidan ser necesarios para tramitar a importación se adhiran no exterior do envío. Todos os Operadores Postais dispoñen dunhas bolsas especiais para este fin.

No caso de que a factura estea no interior, e se decidiches que Correos sexa o teu axente aduaneiro para tramitar a importación, podes facer constar de forma expresa que a factura se encontra dentro do paquete e que autorizas a Correos para que poida proceder á súa apertura. Esta autorización debe facerse no aviso postal cos datos do envío, que chegará á caixa de correo do domicilio e se debe devolver cos teus datos ao enderezo indicado neste.

12. Cal é o prazo máximo para realizar os trámites de importación da mercadoría?
A data límite para completar os trámites de importación é a que vén indicada no Aviso Postal que che facemos chegar.