Portal de Correos - Coñécenos

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Recursos Humanos

Coñécenos

Traballar en Correos é compartir un proxecto. Por iso, queremos ofrecerche a posibilidade de coñecernos un pouco máis e mostrarche os diferentes ámbitos da nosa actividade.

En correos traballamos un equipo de máis de 50.000 persoas, coa finalidade de seguir ofrecendo un servizo público de calidade, eficiente e sostible, nun ámbito altamente competitivo en constante evolución e transformación.

Dispoñemos dun equipo altamente especializado e cualificado capaz de responder aos grandes retos  que tanto a contorna coma os nosos clientes nos demandan no sector de produtos e servizos.

A nosa política de recursos humanos promove o desenvolvemento, a formación, a conciliación da vida persoal e profesional e a igualdade. Todo iso fai que a nosa compañía se posicione como unha empresa referente na atracción do desenvolvemento e retención do talento.

Fortalecer e transmitir o compromiso de Correos cos seus empregados e coa sociedade foi recoñecido de tal forma que o noso posicionamento "como boa empresa para traballar" foi galardoado por organismos e entidades, tanto públicas coma privadas.

A nosa aspiración é que todos os que formamos parte deste grande equipo humano teñamos, ao longo da nosa carreira profesional, todas as oportunidades e garantías de desenvolvemento profesional e persoal.

Só o noso orgullo de pertenza, a nosa cultura,  e a visión compartida posiciónanos como empresa líder: "Unha empresa de persoas coa vocación de traballar para as persoas".