Portal de Correos - Desenvolvemento de persoas

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Recursos Humanos

Desenvolvemento de persoas

Para Correos, as persoas son o seu principal activo estratéxico. Neste marco,  a formación constitúe un eixe básico para o desenvolvemento do talento dentro do noso negocio. 

Formación 

A formación que se imparte está centrada no negocio e nas necesidades do empregado ao longo da súa traxectoria profesional.  

A nosa oferta formativa é ampla e abrangue todos os postos e funcións; a través de itinerarios profesionais, o desenvolvemento profesional e a xestión do talento tanto interno coma externo é outra das nosas áreas de actuación prioritarias.  

Entendemos o proceso de formación como un proceso continuo ao longo da carreira profesional. Por iso,  integramos as tendencias formativas máis vangardistas no desenvolvemento dos  diferentes programas: 

 - Formación Técnica
 - Formación Operativa 
 - Formación en Habilidades de Xestión 
 - Formación en Idiomas 
 - Formación Directiva 
 - Escola Comercial
 - Formación en Prevención de Riscos laborais 
 - Formación en Medio Ambiente e Sostibilidade 

En Formación apostamos pola implantación das tecnoloxías  máis avanzadas como ferramenta facilitadora da aprendizaxe nunha organización "capilarizada", co obxectivo de chegar a todos e cada un dos empregados, independentemente da súa función e localización xeográfica, apostando pola eficiencia, a rapidez e a adaptación permanente ao cambio.

De aí que o modelo de E-Learning de Correos, e a súa evolución,  sexa referente a ámbito nacional e internacional, en estratexias de implantación de xestión do cambio e de adaptación a novos modelos organizativos.   

Coñece os nosos centros de formación 

Centros de formación Centros de formación

Dispoñemos  dun centro de formación a ámbito nacional, ademais de aulas de formación repartidas por toda a xeografía nacional, cunha situación privilexiada e cos últimos avances tecnolóxicos.

Respondendo ás demandas reiteradas dalgúns dos nosos clientes e provedores, as nosas instalacións de formación poden ser alugadas, para eventos e reunións.

Para máis información: buzon.aulas@correos.com

Desenvolvemento

A promoción interna e o desenvolvemento profesional é outra das grandes áreas de actuación da nosa política de RR.HH. Ademais dos plans de formación, contamos con plans de desenvolvemento individual, xestionados  por modelos  internos de xestión que garanten a súa obxectividade e transparencia (avaliación do desempeño,  modelo competencial, etc.)

En Correos, entendemos o desenvolvemento como a evolución das persoas segundo o seu potencial,  desempeño, motivación e aspiracións.

En función das necesidades concretas detectadas e en coordinación cos programas formativos, poñemos en marcha distintas alternativas, tales como: participación en proxectos, mentoring, coaching, estadías  ou asignacións en programas de colaboración internacional.

Plan de integración de persoas con discapacidade 

En Correos, a preocupación pola integración de persoas con discapacidade vai máis alá do cumprimento da lei.  Por iso, implantamos actuacións nesta materia, vinculadas aos nosos obxectivos de xestión, e algunhas das accións que se desprenden destas son:

 - Implantación de procedementos específicos internos de xestión 
 - Plan de comunicación  
 - Colaboración con centros de emprego e asociacións.
 - Colaboración en campañas específicas 

Igualdade 

Promover a igualdade de oportunidades e favorecer a integración e a diversidade constitúen principios básicos nos modelos de xestión das persoas de Correos. Para iso, impulsamos medidas tales como: 

 - Incluír en todos os itinerarios formativos un apartado específico sobre igualdade. 
 - Implantación e seguimento do  Plan de Igualdade.
 - Garantir a non-discriminación por razón de xénero no ámbito da retribución.
 - Contribuír a alcanzar a plena efectividade do principio de igualdade de trato e de oportunidades a través de medidas que favorezan a conciliación entre a vida persoal e profesional. 
 - Implantación do protocolo fronte ao acoso. 

Conciliación

En  Correos entendemos a conciliación como as medidas que poñemos en marcha para   permitir que  poidamos desenvolver con maior harmonía a nosa vida profesional, persoal e familiar. 

As nosas medidas de conciliación superan nalgúns casos a lexislación vixente  e foron recoñecidas polos  premios Randstad Awards  á "conciliación e atractivo laboral" nos tres últimos anos: 2011, 2012 e 2013.

Entendemos que para manter o liderado e a competitividade é necesario manter o compromiso de todos e, por iso, potenciamos un ámbito laboral altamente produtivo e motivador que dá resposta ás necesidades das persoas que traballamos en Correos.