Portal de Correos - Voto por correo dende España

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Información corporativa

Voto por correo dende España

Información de carácter meramente divulgativo extraída da normativa electoral xeral.

• Os impresos de solicitude de voto por correo encóntranse á disposición dos electores nas oficinas postais de toda España.

•  Unha vez enchido o modelo oficial de solicitude de voto por correo, o elector entregarao persoalmente, con carácter gratuíto, en calquera oficina de Correos. Deberase exhibir o orixinal do Documento nacional de identidade (DNI), —non serve o resgardo do DNI en trámite, posto que neste non aparece a fotografía do titular—, Permiso (carné) de conducir (con fotografía) ou Pasaporte (con fotografía) co fin de que o empregado postal poida comprobar a súa identidade e sinatura. Aceptarase a presentación destes documentos aínda que estean caducados, pero han de ser os orixinais, en ningún caso fotocopias.

•  A delegación provincial da oficina do censo electoral correspondente remitirá ao elector por correo certificado a documentación necesaria para que poida emitir o seu voto. A entrega desta documentación realizarase sempre persoalmente ao interesado e no domicilio sinalado na solicitude (despois de dous intentos fallados de entrega no domicilio, deixarase aviso de chegada para a súa recollida na oficina postal correspondente).

•  Tras recibir a documentación, o elector presentará o sobre modelo oficial dirixido á mesa electoral, que contén o certificado de inscrición no censo electoral e o de votación, no cal se incluirá a papeleta en calquera oficina postal de España. O envío cursarase como correo certificado e urxente, con carácter gratuíto.

En caso de enfermidade ou incapacidade, deberase acreditar esta mediante certificación médica oficial a cal deberá ser incluída xunto ao impreso de solicitude do voto por correo e a devandita solicitude pode ser efectuada en nome do elector por persoa autorizada notarialmente ou consularmente. Cada elector só pode estar representado por unha persoa autorizada e cada persoa autorizada só pode representar un elector. O empregado de Correos que formalice a admisión recollerá toda a documentación presentada polo representante (poder notarial ou consular e certificado médico oficial), para a súa remisión á Oficina do Censo Electoral en unión da solicitude.
 

 

PRAZOS - ELECCIÓNS PARLAMENTO CATALUÑA
Solicitude de voto por correo
Do 28 outubro ao 11 decembro
Envío ao elector da documentación para o voto por correo pola Oficina do Censo Electoral
Do 1 ao 14 decembro
Remisión por electores do voto por correo
Do 2 ao 17 decembro