Portal de Correos - Voto por correo dos electores españois que se encontren temporalmente no estranxeiro (E.R.T.A)

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Información corporativa

Voto por correo dos electores españois que se encontren temporalmente no estranxeiro (E.R.T.A)

Información de carácter meramente divulgativo extraída da normativa electoral xeral

. Os electores que se encontren temporalmente fóra do territorio nacional, unha vez efectuada a convocatoria do proceso electoral e que prevexan permanecer nesta situación ata o día da votación, deberán solicitar dende o estranxeiro a documentación necesaria para exercer o seu dereito de sufraxio. A solicitude poderá recollerse nas oficinas consulares ou a través do web do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación (www.exteriores.gob.es) O elector debe estar inscrito no Rexistro de matrícula do consulado como non-residente. De non estalo, poderá facelo no mesmo momento no que recolla a citada solicitude ou cando vaia entregala.

• A solicitude cuberta ha de presentarse, persoalmente, nas oficinas consulares ou seccións consulares das embaixadas as cales procederán a remitila á delegación provincial da Oficina do Censo Electoral correspondente.

• A delegación provincial da Oficina do Censo Electoral remite ao elector ao domicilio no estranxeiro indicado na solicitude, por correo certificado, a documentación necesaria para que poida emitir o seu voto.

• Tras recibir a documentación, os electores deben enviar o seu voto á mesa electoral, por correo certificado e urxente. 

 

PRAZOS - ELECCIÓNS PARLAMENTO CATALUÑA
Solicitude de voto por correo
Do 28 de outubro ao 22 de novembro
Envío ao elector da documentación para o voto por correo pola Oficina do Censo Electoral
Ata o 1 de decembro (ata o 9 decembro en caso de recursos contra a proclamación de candidaturas)
Remisión por electores do voto por correo
Ata o 17 de decembro