Portal de Correos - Etiquetas Franqueadoras ATM

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Etiquetas Franqueadoras ATM

As etiquetas franqueadoras de correspondencia son un elemento de coleccionismo filatélico que ofrecen numerosos países da nosa contorna (Francia, Bélxica, Portugal, Noruega, Reino Unido...) e que Correos deixou de ofrecer en 2006 ao retirarse as máquinas Epelsa.

Correos adquiriu un “PUNTO FILATÉLICO ATM” dispensador de etiquetas de papel térmico, autoadhesivo e que permite marcar o  franqueo coas tarifas1 A, A2, B e C.   Instálase por primeira vez na Feira Nacional do Selo 2016, Madrid do 21 ao 24 de abril.

Uso da máquina autoservizo: En “eventos” concretos (Feiras de coleccionismo, exposicións etc.) ou ben en “situación fixa” vestíbulo do CCP Chamartín - Avda. Pío XII, 108 Madrid (pode utilizarse polo público en xeral. Horario: L-V de 9 a14 h). A máquina é moi sinxela de usar.

Cada etiqueta levará imprimida unha secuencia de díxitos. Exemplo: B9ES16 ES01-0001-001, que identifican: B: modalidade de máquina, 9: mes, ES: país, 16: ano, ES01: número de máquina, 0001: número de sesión (díxitos que se van incrementando con cada compra), e 001: número da etiqueta dentro da sesión  (máximo de 875 etiquetas por sesión).

Uso da máquina pedido esporádico: Calquera persoa pode adquirir as etiquetas emitidas ao longo do ano aínda que non acuda a unha feira ou ao CCP Chamartín. Facendo un pedido a pedidos.atm@correos.com por un importe superior a 200 € máis gastos de envío.

No caso de pedido esporádico, a secuencia de díxitos de cada etiqueta difire no número de máquina. Só levará imprimidas dúas secuencias. Exemplo para pedidos feitos no mes de setembro: B9ES16 B004

Estes pedidos non xeran  un recibo, senón unha factura emitida por Correos.

 

Para ambos os dous usos, existen seis modalidades de expedición da máquina ( ver detalles ):

- TIRA DE 4 ETIQUETAS: Con posibilidade das 4 tarifas (A, A2, B e C) ou ben 4 etiquetas tarifa A.

- ETIQUETAS INDIVIDUAIS: con calquera das 4 tarifas e polo número de etiquetas que desexe, co motivo que elixa.

Os motivos irán variando segundo o lugar onde se instale.

Impresión térmica que permanece indeleble por un período mínimo de aproximadamente 10 anos.

A máquina permite unha compra máxima de 399,99 € por sesión e só acepta pagamento con  tarxeta de crédito ou débito (excluídas American Express e Diners Club).

Deseñouse un CUÑO  postal especial para acuñar etiquetas ATM.

O punto filatélico ATM é unha auténtica revolución no mundo do coleccionismo de selos, con utilidades moi novidosas e atractivas, xa que permiten realizar emisións temporais especiais que poden ser adaptadas doadamente ao evento ou localización, ademais de tarifas tamén adaptables.

Tarifas1   As vixentes cada ano publicadas por Correos. Para o ano 2017 son: A (0,50 €), A2 (0,60 €), B (1,25 €) e C (1,35 €)

1 - 6 resultados de 6

Etiquetas Franqueadoras ATM Ferias Año 2017

Feria JUVENIA - Avilés. Mod. Videojuego

Data de emisión: 10/05/2017

Feria JUVENIA - Avilés. Mod. Patín

Data de emisión: 10/05/2017

Tamén che pode interesar...

TUSELLO

TUSELLO

Transforma tus imágenes y logotipos en sellos de Correos y personaliza tus envíos.

Compra Filatelia online

Compra Filatelia online

A través de la web puedes comprar productos de Filatelia. Pedidos o Abonarte para obtener ventajas.

Libro Valores en el tiempo

Libro Valores en el tiempo

Incluye todos los sellos de España y Andorra de 2016. Con datos y textos alusivos. Matasellos...