Portal de Correos - Correos en cifras

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Correos en cifras
Correos en Cifras

Correos en cifras

Correos é unha das principais empresas españolas por dimensións, capilaridade e capital humano:

- Contamos con case de 50.000 efectivos, dos que as dúas terceiras partes se encargan da distribución diaria dos envíos. O 50% do cadro de persoal está composto por mulleres e o 50% por homes.

- Temos unha das maiores presenzas territoriais, con 8.787 puntos de atención: 2.395 oficinas multiservizo e 6.392 servizos rurais. A nosa ampla rede de admisión e distribución complétase con 1.800 unidades de distribución ordinaria e 100 unidades de servizos especiais, dedicadas á repartición urxente.

- Dispoñemos de 18 centros para o tratamento automatizado dos envíos, nos que se clasifican por medios mecanizados o 95% dos envíos.

- A nosa rede inclúe unha flota de 13.347 vehículos que percorren diariamente cerca de 600.000 quilómetros, o equivalente a dar a volta ao mundo 15 veces.

- Xestionamos 2.774 millóns de envíos, que distribuímos diariamente a todos os fogares e empresas.

- Desenvolvemos a nosa actividade conforme a criterios de sustentabilidade e de responsabilidade ambiental. Nos últimos anos reducimos máis do 30% das nosas emisións de CO2, mediante unha maior eficiencia enerxética e a renovación da frota con vehículos menos contaminantes.