Portal de Correos - Historia

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Historia

Historia

Ao longo da historia, as sociedades evolucionaron a través do contacto entre os seus membros. O comercio e a comunicación foron indispensables nese proceso. Por iso, a transmisión de noticias é tan remota como a súa propia historia.

A organización do correo en España débese aos romanos. O cursus publicus, como se denominaba, percorría toda a xeografía de Hispania a través dunha coidada rede de camiños portando as mensaxes para o exército ou os administradores romanos.

Posteriormente, durante a Idade Media, os numerosos reinos nos que se dividiu España crearon os seus propios sistemas de correo. Os mandadeiros ían dunha corte a outra coas encargas dos seus reis. Tamén os comerciantes ou as institucións relixiosas ou universitarias tiñan os seus propios mensaxeiros. A organización postal en España foi transformándose progresivamente coa unificación dos reinos baixo a monarquía dos Reis Católicos, co descubrimento de América e logo coa ampliación de territorios en Europa durante o reinado de Carlos I.

Ao mesmo tempo, a concesión do privilexio real do correo á familia Tassis centralizou nas súas mans toda a orde postal tanto en España coma en Europa.
Co cambio de dinastía a principios do século XVIII, o correo deixou de ser unha concesión do monarca para converterse nunha Renda Real.

O 8 de xullo de 1716 co nomeamento de Juan Tomás de Goyeneche como xuíz superintendente e administrador xeral das estafetas por parte de Felipe V, o servizo de Correos convértese en responsabilidade do Estado.

Folleto 300 aniversario de Correos
 

Tres séculos de historia

CORREOS forma parte da historia de España con feitos tan importantes como:

1755. Racionalización de tarifas e creación de servizos de Lista, Apartados, Impresos e Xornais.

1756. Creación do oficio de carteiro.

1762. Instalación das primeiras bocas de caixas de correo.

1850. Ano decisivo: dotación de frota propia de transporte para a correspondencia e nacemento  do selo como medio de pagamento.

1855. Establecemento da primeira condución de correo ambulante. Creación do Corpo de Telégrafos.

1870. Repartición postal diaria.

1882. Incorporación das mulleres en persoal.

1884. Primeiro servizo telefónico público do noso país.

1889. Nacemento do Corpo de Empregados de Correos.

1911. Establecemento de servizos innovadores  como a carta urxente, os xiros e os reembolsos.

1962. Instalación das caixas de correo domiciliarias.

1981. Invención do código postal.

1990. Informatización de toda a rede de oficinas.

1998. Estrea da primeira páxina web.

2002. Culminación da automatización da rede de grandes centros loxísticos.

2003. Apertura da Oficina Postal Virtual.

2013. Impulso á transformación co Plan de acción 100-300-1.500. Unha aposta pola diversificación, a optimización operativa, a efectividade comercial e o cambio cultural.   E...chegamos á actualidade.

2016. Cumprimos 300 anos cunha capacidade de visión e proxección de futuro, cos valores claros e unha misión integrada en cada unha das persoas que forman a organización.

CORREOS foi o Internet do século XVIII, o abandeirado da modernización decimonónica, a vangarda tecnolóxica do século XX e, co arranque do século XXI, o mellor provedor de servizos de comunicacións físicas, dixitais e de paquetería do país.