Portal de Correos - Normativa

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Normativa
Normativa

Normativa

Referencia á normativa

 Información Normativa

 Referencia á normativa que determina o réxime xurídico e natureza, así como a que regula a actividade, as contratacións de subministracións, bens e servizos e a que determina o bo goberno e a transparencia aplicable na xestión.

 

 

Natureza e réxime xurídico

A Sociedad Anónima Estatal Correos y Telégrafos, S.A., S.M.E constituíuse o 29 de xuño de 2001, para cumprir o que dispón o artigo 58 da Lei 14/2000, do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social.

O acordo do Consello de ministros do 16 de marzo de 2012, polo que se aproba o Plan de reestruturación e racionalización do sector público empresarial e fundacional estatal, que se fixo público mediante a Orde HAP/583/2012, do 20 de marzo, estableceu, entre outras medidas, o cambio de titularidade de Correos, coa consecuente incorporación da totalidade das accións a favor de SEPI.

Correos é unha sociedade mercantil que se rexe polo ordenamento xurídico privado, agás nas materias nas que lle sexa de aplicación a normativa orzamentaria, contable, de control financeiro e de contratación, na súa condición de sociedade integrante do sector público empresarial, conforme ao disposto no artigo 3 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria, en coordinación co artigo 166 da Lei 33/2003, do 3 de novembro, de patrimonio das Administracións Públicas.

 

Contratación

No que se refire a contratación, o marco normativo está constituído por:

- O Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

- A Lei 31/2007, do 30 de outubro, sobre procedementos de contratación nos sectores da auga, a enerxía, os transportes e os servizos postais, en cuxa Disposición adicional segunda se cita expresamente á Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A., S.M.E como entidade contratante suxeita á lei.

- As instrucións internas de contratación da Sociedade. As devanditas instrucións encóntranse á disposición de todos os interesados no perfil de contratante en www.correos.es.

 

Actividade

Correos é o operador designado por lei para prestar o servizo postal universal en España, de acordo cos requisitos de calidade, regularidade, accesibilidade e dispoñibilidade que fan efectivo o dereito de todos os cidadáns ás comunicacións postais, nun mercado que se liberalizou completamente o 1 de xaneiro de  2011, conforme á Lei 43/2010, do 30 de decembro do servizo postal universal, dos dereitos dos usuarios e do mercado postal.

Esta lei regula fundamentalmente as condicións de recollida, admisión, distribución e entrega do servizo postal universal esixibles ao operador designado, así como o custo e o financiamento destas obrigas, os prezos e outras condicións tarifarias dos servizos postais.

Así mesmo, Correos, na súa calidade de transportista habilitado, oferta un amplo abano de opcións de paquetería, sometido á Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres e a Lei 15/2009 reguladora do contrato de transporte terrestre de mercadorías.

 

Transparencia e bo goberno

Por outra banda, a Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno, dispón que todas as empresas do sector público deben publicar de forma periódica e actualizada aquela información cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia relacionada co funcionamento e control da súa actividade pública.