Portal de Correos - Privacidade

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Privacidade

Por medio do presente aviso, a Sociedad Estatal Correos e Telégrafos S.A. (en diante, Correos) informa da súa política de protección dos datos de carácter persoal co fin de que os usuarios poidan elixir libre e voluntariamente se desexan comunicar a Correos os datos persoais que se lle soliciten con ocasión da subscrición de servizos ofrecidos a través do sitio web www.correos.es

Advírtese aos usuarios que algún dos servizos ofrecidos a través do sitio web, poden incluír condicións particulares en materia de protección de datos de carácter persoal. O acceso aos devanditos servizos implicará a aceptación das condicións particulares establecidas para estes.

O usuario garante que os datos persoais que facilite a Correos son veraces e que comunicará calquera modificación que os afecte. En consecuencia, Correos exonérase de calquera responsabilidade derivada do incumprimento polo usuario desta garantía.

Os datos que faciliten os usuarios serán incorporados a un arquivo automatizado de datos de carácter persoal cuxa titularidade corresponde a Correos, coa finalidade de xestionar os servizos contratados. Nos formularios indicarase o carácter obrigatorio ou facultativo dos campos que hai que cubrir.

Con carácter previo a calquera outro uso ou finalidade dos arquivos titularidade de Correos, solicitarase o consentimento do usuario conforme as previsións da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Ponse en coñecemento dos usuarios cuxos datos de carácter persoal estean incorporados en arquivos de Correos, que poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de conformidade co previsto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Para estes efectos, poderá optar por contactar con Correos a través do teléfono 902 197 197 ou dirixir escrito acompañándoo de copia do documento nacional de identidade ou documento equivalente, á Sociedad Estatal Correos e Telégrafos S.A. C/ Vía Dublín nº 7 - 28070 Madrid; o anterior sen prexuízo das utilidades de acceso, rectificación e revogación do consentimento que, se é o caso, Correos tivese posto a disposición do usuario nas pantallas dos respectivos servizos.

Correos garante que adoptou as medidas oportunas de seguridade nas súas instalacións, sistemas e arquivos, así como a confidencialidade dos seus datos de carácter persoal.

Correos garante que no suposto de que se subcontratase algunha parte do/s servizo/s ofrecido/s ao usuario, e para a súa execución fose necesario que o subcontratista acceda aos datos de carácter persoal na súa condición de encargado do tratamento por conta de Correos, estipularanse contractualmente as obrigas de protección de datos coa empresa contratada, de conformidade coas previsións do artigo 12 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

CORREOS infórmao de que durante a navegación polo Portal se utilizan "cookies", que son arquivos de datos que se xeran no ordenador do usuario ou cliente, e que permiten aos nosos sistemas recordar as características ou preferencias de navegación do usuario. Estas "cookies" asócianse unicamente co navegador dun ordenador determinado (un usuario anónimo) sen proporcionar ningún dato persoal do usuario. En ningún caso poden ler información almacenada no ordenador, servindo exclusivamente para fins internos, como a personalización da navegación. O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies, decidir sobre a súa aceptación e impedir a instalación de cookies no seu disco duro, se é o caso. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información.