Portal de Correos - OTEUSELO

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

OTEUSELO

Ideal para:

Tusello_personalizada Nacional Online

Plasma as túas propias imaxes nun selo

Este servizo permíteche transformar imaxes e vídeos en selos reais de Correos.

  • Ámbito: Nacional
  • Dimensións: Selos 28,8 x 40,9 mm.
  • Prazos: De 5 a 7 días
  • Tarifa: Pedido mínimo prego 25 selos. Consultar tarifas
Correos

Comercialízao

O servizo de TUSELLO permite comprar, de forma online dende a Oficina virtual de Correos, pregos de 25 selos. 

Con este servizo podes transformar imaxes en selos reais de Correos. Tamén che permite contratar selos personalizados coa imaxe dun código QR que se xerará a partir do teu arquivo de vídeo MP4.

Fai exclusivos os teus envíos de márketing directo, promove o teu negocio, produtos, logos, eventos, ou as túas comunicacións persoais, celebracións (bautizos, comuñóns, vodas...), realiza as túas coleccións (escudos, paisaxes, mascotas, monumentos...).

O deseño envíase de forma online.

Características físicas:

Os selos son autoadhesivos e preséntanse en pregos de 25 selos producidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

As medidas dos selos son 28,8 x 40,9 mm.

Os selos teñen validez tanto no ámbito nacional coma internacional (tendo en conta a tarifa do país a onde vai dirixido o envío).

Valor de franqueo: ata catro tipos de tarifas (A, A2, B e C) en función do destino ao que dirixas as túas comunicacións:

  • Tarifa A: carta ou tarxeta postal "normalizada" dirixida a España.
  • Tarifa A2: carta ou tarxeta postal de 20 a 50 g e carta ou tarxeta postal "non normalizada" de ata 20 g dirixidas a España.
  • Tarifa B: carta ou tarxeta postal "normalizada" dirixida a Europa (inclúe Groenlandia).
  • Tarifa C: carta ou tarxeta postal "normalizada" dirixida ao resto do mundo.

É imprescindible que teñas os dereitos da túa imaxe.

En caso de realizares un pedido con código QR, o vídeo debe ter as seguintes características:

  • Formato de vídeo será MP4.
  • Un tamaño máximo de 3 megas, que é equivalente a aproximadamente un minuto de duración nunha resolución aceptable.

Os navegadores compatibles para realizar os pedidos son os seguintes (a partir das seguintes versións): Internet Explorer 9.0, Firefox 9.0, Chrome  17.0, Safari 5.0 e Opera 11.6.

O vídeo non será privado. Non se garante a privacidade. Este código pode ser capturado por terceiros alleos ao destinatario do envío. Correos non se fai responsable se persoas distintas ao remitente e destinatario enlazan co vídeo ou imaxes.

O ficheiro de vídeo será almacenado durante un período máximo de 3 meses.

Con este servizo pódense personalizar:

  • Envíos de márketing directo (co logo da súa empresa, fotos dos seus produtos, motivos promocionais, etc.).
  • Comunicacións persoais (bautizos, vodas, reunións sinaladas, etc.).
  • Coleccións (cos seus propios deseños: arquitectura, mascotas, natureza, escudos, festas populares, etc.).

Axudámosche a elixir o motivo dos teus selos personalizados coa nosa galería de imaxes.

Para pedidos superiores a un importe de 3.000 € (IVE incluído) é preciso ou ben realizar un novo pedido (neste "repedido" utilizarase a mesma imaxe) ou ben directamente a través da Dirección Comercial e Márketing.

 

Operativa loxística:

  • Comunicaráseche por correo electrónico a aceptación ou non da imaxe. En caso de que non se acepte, procederase á devolución do importe.
  • Unha vez producido o pedido, o envío ao destinatario realizarase mediante un servizo postal de máxima urxencia.

AVISO

Unha vez realizado o pagamento —finalizado o proceso de compra— NON é posible a cancelación do pedido, NIN a devolución do importe correspondente a este.

Puedes consultar las tarifas generales vigentes, o hacer tu consulta en este calculador de tarifas:

OTEUSELO

Tamén che pode interesar...

Compárteo nas túas redes