Portal de Correos - Todos os produtos para enviar documentos

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Carta Certificada

Ideal para:

Internacional Certificado Nacional

Entregas que garanten a recepción baixo sinatura do destinatario ou persoa autorizada.

Realice o envío de documentos importantes: contratos, orzamentos asinados, etc.

  • Ámbito: Nacional (España e Andorra) e Internacional.
  • Peso: Ata 2 kg.
  • Prazos: De 1 a 4 días hábiles.
  • Tarifa: Dende 3,15 €.
Correos

Comercialízao

Os envíos circulan con carácter rexistrado e identificados individualmente mediante unha etiqueta con código de barras adherida no anverso.

Este produto garante:

  • Os envíos entréganse baixo sinatura no domicilio do destinatario. Se non se pode realizar a entrega, déixase un aviso na caixa de correo para recollelo na oficina indicada, onde permanece durante quince días en lista.
  • O cliente pode consultar gratuitamente o seguimento e control dos seus envíos utilizando o localizador de envíos da páxina web: www.correos.es.
  • Segundo cada necesidade, pode contratar unha serie de servizos adicionais.

Pódese incluír nos envíos certificados o carácter de URXENCIA. Este produto garante, ademais do anteriormente indicado; a máxima urxencia no tratamento dos envíos. 

Características físicas:

Dimensións máximas:

  • - Sobre ou caixa: Longo + alto + ancho = 90 cm, sen que a maior dimensión exceda de 60 cm.
  • - Rolo / tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 104 cm, sen que a maior dimensión exceda de 90 cm.

Dimensións mínimas:

- Sobre ou caixa: 14 x 9 cm.

- Rolo/tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 17 cm, sen que a maior dimensión sexa inferior a 10 cm.

Os envíos con dimensións inferiores ás mínimas deberán levar unha etiqueta anexa de 10 x 7 cm na que figuren o enderezo e o franqueo.

Peso:

- Ata 2 kg.

 

Operativa Loxística:

 - Nacional: Consignar a palabra "CERTIFICADO" (ou a etiqueta ao uso) no ángulo superior esquerdo do anverso do envío

- Internacional: Consignar no ángulo superior esquerdo do anverso do envío as palabras "CERTIFICADO / RECOMMANDÉ" e "PRIORITARIO / PRIORITY" (en letras brancas sobre fondo azul) ou etiquetas ao uso.

Operativa Loxística para envíos certificados urxentes:

- Nacional: Consignar a palabra "CERTIFICADO URXENTE" (ou a etiqueta ao uso) no ángulo superior esquerdo do anverso do envío.

- Internacional: Consignar no ángulo superior esquerdo do anverso do envío as palabras "CERTIFICADO / RECOMMANDÉ" e "URXENTE / EXPRESS" (en letras brancas sobre fondo azul) ou etiquetas ao uso.

 

Garantías:

  1. Nacional: Por perda ou extravío do envío: 30 €.
  2. Internacional: Por perda ou extravío dun envío: devolución da tarifa aboada ordinaria (non inclúe certificado nin seguro) máis 30 DEG (Ano 2016 España 1 DEG = 1,2385 € ).

 

Prazos de entrega:

Media segundo orixe/destino, para envíos depositados antes das 16.00 horas en oficinas con quenda de tarde ou 14.30 horas en oficinas con horario só de mañá:

- Local: 1 día hábil - Provincial: 2 días hábiles.

- Nacional: Entrega, en todo o territorio nacional, do 93% dos envíos en 3 días hábiles.

- Europa: 2 a 4 días hábiles.

- Resto destinos: Segundo país.

Prazos de entrega para envíos certificados urxentes:

- Nacional: Entrega, en todo o territorio nacional, do 90% dos envíos en 1 día hábil. Media segundo orixe/destino, para envíos depositados antes das 16.00 horas en oficinas con quenda de tarde ou 14.30 horas en oficinas con horario só de mañá.

- Europa: 1 a 3 días hábiles.

- Resto destinos: Segundo país.

Seleccione en el desplegable el ámbito: Nacional o Internacional - Certificado Urgente.

Carta Certificada

Tamén che pode interesar...

Compárteo nas túas redes