Portal de Correos - Todos os produtos para enviar paquetes

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

Consulta todos os produtos que podes enviar Online

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

Consulta todos os produtos que podes preparar Online

PODEMOS AXUDARTE

Paq 72 Online

Goza da tarifa de paquetería máis atractiva do mercado, sen renunciar á mellor calidade do servizo.

Servizo de entrega de Paquetería en 72 horas. Podes realizar o envío dende calquera oficina de Correos.

  • Ámbito: Nacional, Andorra e Portugal peninsular.
  • Dimensións: Longo + alto + ancho = 210 cm.
  • Peso: Máximo 30 kg. Peso volumétrico 60 kg.
  • Prazos: 72 horas, dependendo do destino.
  • Tarifa: Dende 6,99 € (IVE incluído).
Correos ExpressCorreos

Comercialízao

Produto especialmente deseñado para distribuír envíos con e sen valor comercial, nos que o cliente non precisa distribuír os envíos con carácter de urxencia.

O PAQ 72 está especialmente deseñado para cubrir todas as necesidades de transporte dos nosos clientes, en especial do sector e-commerce.

Inclúe notificacións SMS e/ou correo electrónico ao destinatario.

Coa posibilidade de solicitar a recollida dos envíos de forma gratuíta (clientes con contrato), xestión de incidencias e retorno de información.

Aforra tempo na oficina e prepara os envíos dende o ordenador en só catro pasos:

O servizo Identificación de Paq 48 permite, de forma gratuíta, a enumeración e identificación dos paquetes que compoñen unha relación de envíos e dos seus respectivos destinatarios. Se desexas realizar a alta dunha relación de envíos, diríxete a alta de relacións. 

Ademais, tamén permite:

  • Dá de alta o conxunto de destinatarios aos que queres facer chegar os paquetes e indica se desexas incluír algún servizo engadido.
  • Paga directamente o envío a través de Internet mediante tarxeta bancaria ou PayPal ou indica se desexas pagalo nunha oficina de Correos.
  • Se es cliente, podes aboalo mediante un contrato con Correos ou enviando o paquete nun sobre prepagado.
  • Imprime as etiquetas que identifican os paquetes e a súa relación, necesarios para o seu depósito na oficina. 

En caso de teres calquera dúbida acerca do funcionamento deste servizo, consulta cos nosos Servizos Comerciais.

 

Modalidades de entrega:

A entrega realízase baixo sinatura e en prazo garantido. Dispón de 3 modalidades de entrega diferenciadas:

  • Entrega en Domicilio: consta de 2 intentos de entrega e 15 días de permanencia na Oficina de Referencia. Modalidade dispoñible para clientes Particulares e con Contrato. *Única modalidade de entrega para envíos con destino Portugal peninsular.
  • Entrega en Oficina Elixida: o envío é dirixido á oficina elixida polo cliente, dentro das que dispoñen do servizo de punto de entrega de paquetería, onde o destinatario contará con 15 días para recollelo. Informarase o destinatario, mediante SMS e/ou correo electrónico, de que ten á súa disposición un envío na oficina, ademais, enviaranse mensaxes de recordatorio de non se producir a recollida.
  • Entrega en CorreosPaq: O servizo de Correos consiste nunha Rede de Terminais Automatizados de paquetería situados tanto en lugares públicos (CityPaq), coma nas comunidades de veciños (HomePaq). Permite aos usuarios a recepción e o envío de paquetes de forma cómoda e segura, as 24 horas do día, todos os días do ano.

 

Envío Monovulto: 

Peso do Vulto:

  • Peso real Máximo: ata 30 kg.
  • Peso Volumétrico: máximo de 60 kg.

Peso Volumétrico: Para aqueles envíos nos que non teña relación o peso co tamaño, aplicarase o criterio peso/volume entre (167 kg/m³). Procederase a verificar esta relación no momento da admisión, seguindo a seguinte fórmula: longo x alto x ancho expresado en cm / 6.000.

 

Dimensións:

Medidas:

  • Caixa: Máximas L + A + A = 210 cm, sen que a maior exceda de 120 cm.Mínimas: 15 x 10 cm.
  • Rolo ou Tubo: Máximas L = 120 cm, Dv = 30 cm. Mínimas: As dimensións que permitan adherir unha etiqueta de 10 x 14,5 cm.

 

Garantías: Por demora imputable a Correos, devolvémosche a tarifa aboada.

Área de descargas

Paq 72 Online

Tamén che pode interesar...

Compárteo nas túas redes