Portal de Correos - Todos os produtos para enviar paquetes

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Paq Estándar

Ideal para:

Paquetería Nacional

Por que pagar máis cando non necesitas chegar antes.

A máis alta calidade de servizo a un prezo moi axustado.

  • Ámbito: Nacional, Andorra y Portugal peninsular.
  • Dimensións: Longo + alto + ancho = 210 cm, sen que o maior exceda de 120 cm.
  • Peso: Máximo 30 kg.
  • Prazos: 48-72 horas, dependendo da orixe-destino.
  • Tarifa: Dende 6,99 € (IVE incluído).
Correos ExpressCorreos

Comercialízao

Envío de paquetería non urxente coa máxima eficiencia e calidade ao mellor prezo do mercado.

Debido á capilaridade da nosa rede, os envíos poderán ser entregados a Domicilio, Oficinas Correos e os Terminais Automatizados CorreosPaq.

Inclúe notificacións SMS e/ou correo electrónico ao destinatario.

Coa posibilidade de solicitar a recollida dos envíos de forma gratuíta (clientes con contrato), xestión de incidencias e retorno de información.

Modalidades de entrega:

A entrega realízase baixo sinatura e en prazo garantido. Dispón de 4 modalidades de entrega diferenciadas:

  • Entrega en Domicilio: consta de 2 intentos de entrega e 15 días de permanencia na Oficina de Referencia. Modalidade dispoñible para clientes Particulares e con Contrato. *Única modalidade de entrega para envíos con destino Portugal peninsular.
  • Entrega en Oficina Elixida: o envío é dirixido á oficina elixida polo cliente, dentro das que dispoñen do servizo de punto de entrega de paquetería, onde o destinatario contará con 15 días para recollelo. Informarase o destinatario, mediante SMS e/ou correo electrónico, de que ten á súa disposición un envío na oficina, ademais, enviaranse mensaxes de recordatorio de non se producir a recollida.
  • Entrega en Oficina de Referencia: Entrega na oficina de Correos máis próxima ao domicilio indicado, onde o destinatario dispoñerá de 15 días para recollelo.  Informarase o destinatario mediante SMS ou correo electrónico e terá 2 avisos de chegada (o segundo aos 5 días).
  • Entrega en CorreosPaq: O servizo de Correos consiste nunha Rede de Terminais Automatizados de paquetería situados tanto en lugares públicos (CityPaq), coma nas comunidades de veciños (HomePaq). Permite aos usuarios a recepción e o envío de paquetes de forma cómoda e segura, as 24 horas do día, todos os días do ano.

En caso de teres calquera dúbida acerca do funcionamento deste servizo, ponte en contacto cos Servizos Comerciais de Correos.

Envío Monovulto e Multivulto:

Ata 10 vultos para clientes con contrato.

Peso do Vulto:

  • Peso real máximo: ata 30 kg.

Peso Volumétrico: Para aqueles envíos nos que non teña relación o peso co tamaño, aplicarase o criterio peso/volume entre (167 kg/m³). Procederase a verificar esta relación no momento da admisión, seguindo a seguinte fórmula: longo x alto x ancho expresado en cm/6.000.

 

Dimensións:

Medidas:

  • Caixa: Máximas L + A + A = 210 cm, sen que a maior exceda de 120 cm.Mínimas: 15 x 10 cm.
  • Rolo ou Tubo: Máximas L = 120 cm, D = 30 cm. Mínimas: As dimensións que permitan adherir unha etiqueta de 10 x 14,5 cm.

 

Dimensións extra:

1. Para os produtos Paq Premium e Paq Estándar con destino nacional ou Portugal, as dimensións máximas permitidas actualmente en cada envío son: 

  • Unha das medidas non pode exceder de 120 cm.
  • A suma total de ancho + longo + alto non pode exceder de 210 cm. 

2. Para cada unha desas dimensións máximas permitidas, definíronse dous niveis de máximos permitidos, que son: 

  • Máximo Estándar (a limitación actual).
  • Máximo Extra (superior á limitación actual).

 

Niveis

Parámetros de dimensións máximas permitidas

Estándar

Extra

Unha das medidas non pode exceder de

120 cm

170 cm

A suma total de ancho + longo + alto non pode exceder de

210 cm

270 cm

 

3. O superar as medidas estándar supoñerá un sobrecusto do envío nas porcentaxes que explicamos no seguinte cadro:

 

Descrición

Sobrecusto

Sen dimensión extra

0 %

Unha dimensión extra por “unha das medidas excede o máximo estándar”

35%

Unha dimensión extra por “Ancho + Longo + Alto excede do máximo estándar”

35%

Dúas dimensións extra (todas)

70 %

 

Garantías: Por demora imputable a Correos, devolvémosche a tarifa aboada.

 

Área de descargas

Paq Estándar

Tamén che pode interesar...

Compárteo nas túas redes