Portal de Correos - Nacional

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Paq Estándar

Ideal para:

Paquetería Nacional

Por que pagar máis cando non necesitas chegar antes.

A máis alta calidade de servizo a un prezo moi axustado.

  • Ámbito: Nacional, Andorra y Portugal peninsular.
  • Dimensións: Longo + alto + ancho = 210 cm.
  • Peso: Máximo 30 kg.
  • Prazos: 48-72 horas, dependendo da orixe-destino.
  • Tarifa: Dende 6,99 € (IVE incluído).
Correos ExpressCorreos

Comercialízao

Envío de paquetería non urxente coa máxima eficiencia e calidade ao mellor prezo do mercado.

Debido á capilaridade da nosa rede, os envíos poderán ser entregados a Domicilio, Oficinas Correos e os Terminais Automatizados CorreosPaq. Inclúe notificacións SMS e/ou correo electrónico ao destinatario.

Coa posibilidade de solicitar a recollida dos envíos de forma gratuíta (clientes con contrato), xestión de incidencias e retorno de información.

Aforra tempo na oficina e prepara os envíos dende o ordenador en só catro pasos.

Enviar Online Paq Estándar:

1. Describe os teus envíos.

2. Dá de alta o conxunto de destinatarios aos que queres facer chegar os paquetes e indica se desexas incluír algún servizo engadido.

3. Paga directamente o envío a través de Internet mediante tarxeta bancaria ou PayPal ou indica se desexas pagalo nunha oficina de Correos. Tamén podes aboalo mediante un contrato con Correos ou enviando o paquete nun sobre prepagado.

4. Imprime as etiquetas que identifican os paquetes e a súa relación (se as houber), necesarios para o seu depósito na oficina. En caso de teres calquera dúbida acerca do funcionamento deste servizo, ponte en contacto cos Servizos Comerciais de Correos.

En caso de teres calquera dúbida acerca do funcionamento deste servizo, ponte en contacto cos  Servizos Comerciais de Correos.

Modalidades de entrega:

A entrega realízase baixo sinatura e en prazo garantido. Dispón de 4 modalidades de entrega diferenciadas:

  • Entrega en Domicilio: consta de 2 intentos de entrega e 15 días de permanencia na Oficina de Referencia. Modalidade dispoñible para clientes Particulares e con Contrato. *Única modalidade de entrega para envíos con destino Portugal peninsular.
  • Entrega en Oficina Elixida: o envío é dirixido á oficina elixida polo cliente, dentro das que dispoñen do servizo de punto de entrega de paquetería, onde o destinatario contará con 15 días para recollelo. Informarase o destinatario, mediante SMS e/ou correo electrónico, de que ten á súa disposición un envío na oficina, ademais, enviaranse mensaxes de recordatorio de non se producir a recollida.
  • Entrega en Oficina de Referencia: Entrega na oficina de Correos máis próxima ao domicilio indicado, onde o destinatario dispoñerá de 15 días para recollelo.  Informarase o destinatario mediante SMS ou correo electrónico e terá 2 avisos de chegada (o segundo aos 5 días).
  • Entrega en CorreosPaq: O servizo de Correos consiste nunha Rede de Terminais Automatizados de paquetería situados tanto en lugares públicos (CityPaq), coma nas comunidades de veciños (HomePaq). Permite aos usuarios a recepción e o envío de paquetes de forma cómoda e segura, as 24 horas do día, todos os días do ano.

 

Envío Monovulto e Multivulto:

Ata 10 vultos para clientes con contrato. 

Peso do Vulto:

  • Peso real máximo: ata 30 kg.

Peso Volumétrico: Para aqueles envíos nos que non teña relación o peso co tamaño, aplicarase o criterio peso/volume entre (167 kg/m³). Procederase a verificar esta relación no momento da admisión, seguindo a seguinte fórmula: longo x alto x ancho expresado en cm/6.000.

 

Dimensións:

Medidas:

  • Caixa: Máximas L + A + A = 210 cm, sen que a maior exceda de 120 cm.Mínimas: 15 x 10 cm.
  • Rolo ou Tubo: Máximas L = 120 cm, D = 30 cm. Mínimas: As dimensións que permitan adherir unha etiqueta de 10 x 14,5 cm.

 

Dimensións extra:

1. Para os produtos Paq Premium e Paq Estándar con destino nacional ou Portugal, as dimensións máximas permitidas actualmente en cada envío son: 

  • Unha das medidas non pode exceder de 120 cm.
  • A suma total de ancho + longo + alto non pode exceder de 210 cm. 

2. Para cada unha desas dimensións máximas permitidas, definíronse dous niveis de máximos permitidos, que son: 

  • Máximo Estándar (a limitación actual).
  • Máximo Extra (superior á limitación actual).

 

Niveis

Parámetros de dimensións máximas permitidas

Estándar

Extra

Unha das medidas non pode exceder de

120 cm

170 cm

A suma total de ancho + longo + alto non pode exceder de

210 cm

270 cm

 

3. O superar as medidas estándar supoñerá un sobrecusto do envío nas porcentaxes que explicamos no seguinte cadro:

 

Descrición

Sobrecusto

Sen dimensión extra

0 %

Unha dimensión extra por “unha das medidas excede o máximo estándar”

35 %

Unha dimensión extra por “Ancho + Longo + Alto excede do máximo estándar”

35 %

Dúas dimensións extra (todas)

70 %

 

Garantías: Por demora imputable a Correos, devolvémosche a tarifa aboada.

 

Área de descargas

Paq Estándar

Tamén che pode interesar...

Compárteo nas túas redes