Portal de Correos - Tarxetas

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Tarxeta Correos Prepagamento

Ideal para:

Tarjeta Prepago Funcional Tarjeta Prepago Segura Tarjeta Prepago Accesible

Controla o teu gasto, de forma segura e sinxela.

A Tarxeta Correos Prepagamento é unha tarxeta MasterCard non asociada nin vinculada a ningunha conta corrente.

  • Ámbito: Nacional e Internacional.
  • Dimensións: O tamaño é de 85,60 mm. x 53,98 mm.
  • Prazos: Unha semana dende a solicitude online.
  • Tarifa: Dende 6 € (IVE incluído).
Correos

Comercialízao

Tarjeta Prepago Star Wars

Correos pon á disposición dos seus clientes unha edición limitada de Tarxetas Correos Prepago Mastercard con personaxes da saga de Star Wars, dispoñibles nunha selección de oficinas por un importe de 20 €.

Consígueas na túa oficina de Correos

A Tarxeta Correos Prepago é unha tarxeta coa que poderás realizar compras en calquera comercio físico e online onde se acepten tarxetas Mastercard®. Non necesita de conta corrente e poderás dispoñer do diñeiro que cargases previamente. Ademais, obtense ao instante nas Oficinas de Correos (ou nun prazo máximo de dúas semanas se se solicita a través da web), sen comprobación do historial de débeda, con só presentar o documento de identidade.

Carga a túa tarxeta: En calquera oficina de Correos ou a través da web ou aplicación móbil.

Compra de xeito seguro: en calquera dos máis de 35 millóns de puntos da rede Mastercard, tanto tendas físicas coma comercios en liña.

Retira efectivo: en calquera caixeiro das principais redes, tanto de España coma do estranxeiro, así como en calquera oficina de Correos.

Transfire fondos: de xeito sinxelo e inmediato a outra Tarxeta Correos Prepago.

 

Operativa de adquisición online:

O cliente cubrirá os seus datos a través dunha serie de pasos que lle permitirán adquirir esta tarxeta.

Se a validación da información do cliente é positiva, a compra finaliza con éxito e o cliente recibe un correo electrónico no que se lle indica o prazo no que recibirá a tarxeta por correo no enderezo indicado.

Cando o cliente reciba a tarxeta no seu domicilio, debe pasar por unha Oficina de Correos co seu documento de identidade para o seu escaneo e conservación. Este proceso non terá ningún custo asociado.

Para activar a tarxeta, o cliente enviará unha SMS dende o seu teléfono móbil ao número 662 058 052 coa seguinte mensaxe tipo: "PIN (espazo) 8 últimos díxitos da tarxeta". Inmediatamente o cliente recibirá unha SMS co PIN no seu teléfono móbil, e a partir dese momento pode operar coa tarxeta.

Garantías:

  • A tarxeta é aceptada en todos aqueles establecementos adheridos á rede MasterCard, comercios físicos, comercios online e caixeiros automáticos.
  • Permite ao cliente controlar e delimitar os seus gastos, debido a que só poderá gastar o diñeiro que previamente cargara na tarxeta Correos Prepago.
  • O cliente pode consultar en todo momento o seu saldo e o historial de transaccións a través de diversas canles (web, app, SMS e atención ao cliente).
  • As tarxetas prepagamento de Correos poden ser adquiridas a través de: Web http://www.correosprepago.es premendo en "Pide a túa tarxeta".

É unha tarxeta práctica porque permite realizar pagamentos, tanto físicos coma en liña, e retirar efectivo nas Oficinas de Correos e en caixeiros de todo o mundo asociados á rede MasterCard®. Doado de adquirir, recargar e xestionar. O cliente ten múltiples canles onde ser atendido: oficinas, web, aplicación móbil, SMS, teléfono de atención ao cliente. Sen conta corrente e sen comprobación do historial de débeda. Só é necesario un documento de identificación. Segura para compras en Internet, permite realizar compras sen facilitar datos bancarios. O posible risco de roubo limítase sempre ao saldo existente nela, e non ao conxunto do diñeiro dispoñible nunha conta corrente ou unha liña de crédito, como acontece coas tarxetas de débito e de crédito. Sen cotas de mantemento, as compras en moeda euro non teñen custos.

A Tarxeta Correos Prepago MasterCard é ideal para:

Compradores en liña. É un moedeiro seguro para compras en liña, que opera sen acceder a datos bancarios. É similar a unha tarxeta virtual, co beneficio de que ademais, serve para realizar compras en comercios físicos. Ademais, é unha das tarxetas prepago máis económicas do mercado.

Inmigrantes. A tarxeta funciona como calquera outra tarxeta, pero sen a necesidade de ter ningunha conta corrente asociada.

Pais, para os seus fillos. Disponse unicamente do saldo que se quere gastar, coma se se tratase dun peto ou moedeiro, que ademais permite a consulta de movementos e o control do saldo da tarxeta a través da web ou a aplicación móbil.

Viaxeiros. A tarxeta evita o manexo de grandes cantidades de diñeiro en efectivo. É un moedeiro seguro para viaxar desvinculado de calquera conta corrente. Ademais, pódese recibir diñeiro dende outras tarxetas Correos Prepago, ou recargala dende outra tarxeta calquera previamente asociada.

Persoas sen vinculación co sistema financeiro. É unha tarxeta non vinculada a ningunha entidade financeira, aínda que ofrece unha experiencia de produto similar á de calquera outra tarxeta bancaria.

Persoas que buscan un control dos seus gastos. Como só se dispón do diñeiro previamente cargado, a tarxeta é idónea para establecer límites de gastos e controlar a economía propia.

PRODUTO

PREZO

Compra de tarxeta

6 €

Substitución de tarxeta

6 €

Recarga en Oficinas de Correos

  1 € 

Recarga a través da Web

  2 €

Reintegro en Oficina de Correos

   1 € 

Reintegro caixeiro SEPA

 1 €

Reintegro caixeiro internacional

1,50 €

Transferencia entre tarxetas Correos Prepago

0,10 €

Comisión por operación declinada

0,20 €

Recuperación PIN

0,50 €

Comisión por inactividade (despois de 12 meses inactiva)*

1 € / mes

Peche da tarxeta

0 €

Comisión por cambio de divisa en compras/reintegro de caixeiros en moeda distinta do Euro

2,70%

 

(*)    A partir do mes 13 sen operacións

 

 

 

 

Compárteo nas túas redes