- Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: mínimo 7 días e máximo 21 días, dende a data de admisión do envío.
- Indemnización: devólvese a tarifa aboada.
- Condicións: os prazos de entrega calcúlanse dende a orixe na oficina de admisión en España a grandes núcleos urbanos do país de destino. O tempo de tránsito ao resto do territorio pode incrementarse en 1 ou 2 días adicionais.
- Ademais, se o envío se admite despois das 14:00 en capitais de provincia e 13:00 no resto do país, o prazo de entrega empezará a contar a partir do día seguinte ao da admisión.
- O tempo que os envíos permanecen gardados na alfándega de orixe ou destino non se contabiliza ao calcular o prazo de entrega, por iso é importante consignar todos os datos de forma clara na documentación postal, así como achegar os documentos necesarios que axilizan os trámites aduaneiros (factura comercial, factura pro forma etc.).
Consulta toda a información sobre Paq Premium Internacional para particulares
Consulta toda a información sobre Paq Premium Internacional para empresas