Garantías Internacionais:
Por deterioración:
- Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: mínimo 15 días e máximo 6 meses, dende a data de admisión do envío.
- Indemnización: o importe máximo é a tarifa +30 DEX ou tarifa + Valor Declarado no caso de que contratases seguro, cuxa cobertura máxima son 3.000€.
- Condicións: debes utilizar sobres e embalaxes que permitan garantir a integridade do contido, por iso, dende Correos ofrecémosche unha ampla variedade de produtos adaptados a cada unha das túas necesidades. Lembra que os datos do remitente e destinatario deben ir en lugar visible sobre a embalaxe.
- Documentos para achegar: no caso de reclamación dun envío deteriorado ou con falta de contido que dispoña de Seguro ou Valor Declarado, poderemos solicitar un documento xustificativo do valor da mercadoría, factura de reparación ou de reposición.
- Os clientes con contrato recibirán as indemnizacións segundo as condicións fixadas neste.