- Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: mínimo 25 días e máximo 6 meses, dende a data de admisión do envío.
- Indemnización: tarifa aboada + 40 DEX + 4,5 DEX/kg + Seguro no caso de que fose contratado, cuxa cobertura máxima son 3.000€.
- O dereito especial de xiro (DEX) é unha divisa creada e utilizada polo Fondo Monetario Internacional (FMI) cuxo valor é a suma de determinadas cantidades de varias moedas: o dólar dos EUA, o euro, o renminbi chinés, o ien xaponés e a libra esterlina. Os DEX poden intercambiarse por moedas de libre uso.
- Documentos para achegar: no caso de reclamación dun envío extraviado ou con falta de contido que dispoña de Seguro ou Valor Declarado, poderemos solicitar un documento xustificativo do valor da mercadoría, factura de reparación ou de reposición.
Consulta toda a información sobre Paq económico internacional para particulares
Consulta toda a información sobre Paq económico internacional para empresas