Como funciona Mi Oficina

Como funciona Mi Oficina?

Mi Oficina é unha plataforma virtual de Correos dende a que poderás realizar todas as xestións dos teus envíos como preparar os teus paquetes, enviar documentos online ou comprar selos personalizados. 

Como me dou de alta en Mi Oficina?

Enche o formulario.

Datos de acceso:

  • Nome de usuario: poderá conter ata 12 caracteres alfanuméricos.
  • Contrasinal: formado por entre 6 e 10 caracteres alfanuméricos, en maiúsculas ou minúsculas.
  • Correo electrónico: necesario para a activación da conta e a recuperación do contrasinal.

Uso que se vai dar á conta:

  • Persoal, para usuarios particulares: nome, apelidos, correo electrónico, NIF, enderezo e Código Postal, localidade e provincia, e teléfonos (opcional).
  • Profesional, para usuarios autónomos ou empresas: nome, CIF, enderezo e localidade, provincia e Código Postal, actividade comercial, cargo e teléfonos (opcional).

Recorda que os datos que nos proporciones ao darte de alta serán os que aparezan como nome e enderezo de remite nos envíos que realices dende Mi Oficina.

Poderase engadir información adicional:

Datos sobre a Persoa de contacto.

Datos de facturación.

Unha vez completes o formulario e aceptes as condicións do servizo, mostrarase unha pantalla de confirmación e enviarémosche un correo electrónico de activación para que completes o teu rexistro.

 

Como xestiono os meus datos?

Poderás modificar todos os teus datos dende "Mi Oficina", na esquina superior dereita:

  • Cambiar os teus datos: mantén os teus datos persoais actualizados en todo momento realizando as modificacións oportunas no formulario que mostra a pantalla. Os campos con asterisco son obrigatorios e non poden quedar en branco.
  • Cambiar contrasinal: terás que introducir a túa clave antiga e a nova que queiras ter. Recorda que a clave debe conter entre 6 e 10 caracteres.
  • Cambiar consentimentos: poderás permitir ou denegar o envío de publicidade por parte de Correos ou doutras empresas do grupo, en función dos teus consentimentos.

Como xestiono as miñas facturas?

Na opción “Xustificantes de pagamento” dentro do menú Mi Oficina, terás gardadas todas as facturas das túas compras online.

Poderás buscar a factura que queiras consultar ou imprimir por diferentes criterios como produto, número de factura e período de data da compra.

Se non introduces ningún criterio, mostraranse todas as facturas existentes.

  • Seleccionando o Identificador de operación de cada factura poderás ver todos os detalles e imprimila dende o teu navegador.
  • Se solicitaches a devolución do importe dalgún servizo de Mi Oficina, poderás consultar e imprimir a Nota de aboamento asociada á factura.

Como recupero o meu contrasinal?

Seleccionando a opción “Restablecer contrasinal” dende o Acceso de usuario.

Introduce o teu nome de usuario e o enderezo de correo electrónico que proporcionaches ao darte de alta, e automaticamente o sistema enviarache un correo electrónico cos pasos que terás que seguir para indicar unha nova clave de acceso.

Se non lembras o teu usuario ou enderezo de correo electrónico, deberás poñerte en contacto co Servizo de Atención ao Cliente para recuperar os teus datos de acceso a Mi Oficina.

Como consulto a información dos meus envíos?

Dentro de “Xestiona os teus envíos”, selecciona “Seguimento de envíos”, e dende a opción “Os meus envíos” poderás realizar o seguimento dos diferentes produtos que rexistrases en Mi Oficina.

Ademais, poderás imprimir as etiquetas e a folla de relación dos teus envíos prerrexistrados, ou consultar os servizos engadidos que incluíses como Reembolso ou a Prueba de Entrega Electrónica (PEE). 

En que consiste o prerrexistro de paquetería nacional e internacional?

O prerrexistro dos teus envíos a través de Mi Oficina permitirache xerar a etiqueta dos teus envíos dende a túa casa para axilizar o trámite e evitar as esperas, así como controlar o seguimento dos teus envíos en todo momento.

  • Rexístrate en Mi Oficina. É rápido, sinxelo e gratuíto.
  • Elixe o produto de paquetería que máis se axuste ás túas necesidades.
  • Prepara o teu envío identificándoo cun nome de referencia e indica a modalidade de entrega e o país de destino.
  • Introduce os destinatarios dun nun, cargando un ficheiro ou reutilizando destinatarios de envíos anteriores.
  • Completa o teu envío engadindo ata tres referencias por cada paquete, detallando o peso, medidas e contido da mercadoría e incluíndo os servizos adicionais que queiras (Prueba de Entrega Electrónica, Reembolso, Valor Declarado de Paquetería, Entrega Exclusiva ao Destinatario ou Seguro Opcional de Paquetería).
  • Realiza o pagamento a través de tarxeta de crédito ou débito, PayPal ou mediante un contrato con Correos.
  • Descarga, imprime ou envía por correo electrónico a etiqueta e pégaa ao teu envío antes de depositalo na oficina de Correos máis próxima.