Máquina de autoservizo

Esperar na fila para enviar algo? Iso xa é cousa do pasado. Agora podes realizar ti mesmo, de xeito autónomo, o envío dos teus paquetes dentro da península e a Baleares. 

Como ti queiras e sen présas. 

Sigue a ler para saber como proceder:

 

Coloca o teu paquete na báscula.

Elixe o tipo de envío que queres facer.

Completa e confirma os datos do remitente e destinatario.

Efectúa o pagamento.

Recolle a etiqueta que che daremos e pégaa nun lugar visible do envío.

Vai á caixa de correo, le o código do teu envío e déixao. Todo listo!

Que preciso para facer os meus envíos nas máquinas de autoservizo?

É moi doado! Só terás que traer o teu envío (sempre para enviar dentro do ámbito nacional) e elixir o prazo de entrega que prefiras: 24, 48 ou 72 horas. Despois, encargarémonos do resto para que o teu paquete chegue a tempo.

Que envíos podo facer nas máquinas de autoservizo?

Poderás facer calquera envío de paquetería nas modalidades Paq Premium e Paq Estándar. Importante! Esta modalidade de admisión non admite servizos adicionais como reembolso ou notificación de recibo.

Podo realizar envíos con destino a Canarias, Ceuta e Melilla?

Polo momento non. Ao ser envíos que non contan co mesmo importe de IVE e que pertencen a diferentes partes do territorio aduaneiro, a súa admisión precisa a xestión de trámites que só poderás realizar nos nosos mostradores.

Podo facer envíos postais?

Actualmente non é posible realizar envíos postais nas máquinas de autoservizo. Podes realizar envíos de Paq Premium e Paq estándar, aínda que seguimos traballando para ofrecerche novos servizos no futuro.

Que pasa se o envío ten un tamaño maior que o da caixa de correo que se abre?

Non te preocupes! Só tes que ir ao mostrador da oficina co envío para que unha persoa do noso equipo de atención ao cliente custodie o teu paquete ata o seu procesamento.

Hai algún custo extra por deixar o meu envío nas máquinas de autoservizo?

Claro que non! Usar a opción de autoservizo non ten ningún custo engadido. É unha alternativa máis que ofrecemos para que os teus envíos sexan máis sinxelos e cómodos.

Que pasa se pecho a porta antes de deixar o meu paquete?

Non hai problema! Se iso pasa, estaremos sempre prestos para axudarte. Só tes que avisar alguén do noso equipo da oficina e axudarante. Todo ten solución. 

Canto demora o meu envío en ser recollido e enviado ao seu destino?

Recollemos os envíos do autoservizo o mesmo día no que se realiza o depósito. Lembra que isto só será posible se o realizas en días laborables. Se fas o teu depósito nun día festivo, recollerémolo o seguinte día hábil.

Recibirei algún tipo de información ou xustificante ao depositar o envío?

Por suposto! No momento no que o teu envío sexa admitido na oficina, enviarémosche un xustificante ao teu email.