Dende o 01 de xaneiro de 2021, unha vez que o Reino Unido, agás o territorio de Irlanda do Norte, abandonou definitivamente tanto a Unión Europea coma o Territorio Aduaneiro da Unión, calquera movemento de mercadorías entre este país e a Unión Europea atópase suxeito tanto trámites aduaneiros (importación, exportación, tránsitos etc.) como aos controis fronteirizos que se determinan na lexislación española.
Importación en España de envíos postais con orixe Reino Unido, agás o territorio de Irlanda do Norte.
Dende o 1 de xaneiro de 2021, para que Correos poida proceder á entrega aos destinatarios en España de envíos contendo mercadoría procedente do Reino Unido, agás o territorio de Irlanda do Norte, será necesaria a súa presentación a despacho ante a Aduana española.
O destinatario deberá sufragar os gastos correspondentes á tramitación aduaneira así como o pagamento dos tributos que se devindiquen consonte á normativa aduaneira vixente (IVE ou IXIC en Canarias) e Impostos Especiais. Non obstante, poderá quedar dispensado do pagamento de aranceis cando se acredite documentalmente que a mercadoría contida no envío é de orixe Reino Unido, salvo o territorio de Irlanda do Norte (A comunicación sobre a orixe realizarase nunha declaración de orixe preferencial do exportador en factura, ou en calquera outro documento que describa o produto orixinario con suficiente detalle para permitir a súa identificación).
Exportación dende España de envíos postais destino a Reino Unido
Deberán completar e achegar para todos os envíos con mercadorías, a declaración de aduanas correspondente (CN22 ou CN23) dispoñible na súa oficina de Correos, correctamente completada e asinada.
Correos pon a disposición das empresas españolas exportadoras de envíos con destino Reino Unido, agás o territorio de Irlanda do Norte, a posibilidade de contratar o servizo de DUA de Exportación Internacional, debendo para iso achegar factura e autorización de despacho a Correos como representante aduaneiro.