Se estás esperando un envío internacional, lembra que todas as mercadorías, mesmo as compradas por Internet, poden estar suxeitas a restricións, así como ao pagamento de importes aduaneiros e de xestión por parte de Correos segundo o seu contido, valor e outros criterios que a Alfándega aplica aos envíos:
É fundamental presentar a factura comercial, xustificante de pagamento por Internet para os obxectos adquiridos vía online ou para os envíos con mercadorías ou calquera outro documento que, se é o caso, se poida requirir.
É responsabilidade do destinatario coñecer as condicións de importación do seu envío (prohibicións, restricións, limitacións etc.) e informarse sobre os documentos que poidan ser esixidos á súa chegada: factura comercial, certificado de orixe, licenzas, autorizacións especiais para controis fronteirizos etc.
Importación en España de envíos postais con orixe Reino Unido, agás o territorio de Irlanda do Norte.
Dende o 1 de xaneiro de 2021, para que Correos poida proceder á entrega aos destinatarios en España de envíos contendo mercadoría procedente do Reino Unido, agás o territorio de Irlanda do Norte, será necesaria a súa presentación a despacho perante a Aduana española.
O destinatario deberá sufragar os gastos correspondentes á tramitación aduaneira así como o pagamento dos tributos que se devindiquen consonte á normativa aduaneira vixente (IVE ou IXIC en Canarias) e Impostos Especiais. Non obstante, poderá quedar dispensado do pagamento de aranceis cando se acredite documentalmente que a mercadoría contida no envío é de orixe Reino Unido, salvo o territorio de Irlanda do Norte (A comunicación sobre a orixe realizarase nunha declaración de orixe preferencial do exportador en factura ou en calquera outro documento que describa o produto orixinario con suficiente detalle para permitir a súa identificación).
A introdución en Península e Baleares de mercadoría procedente de fóra da Unión Europea, Canarias, Ceuta e Melilla está suxeita a tramitación de importación ante a alfándega.
Calquera mercadoría que se introduce en Canarias está suxeita a trámites aduaneiros de importación.
Calquera mercadoría importada en Ceuta pode estar suxeita a trámites aduaneiros de importación.
Calquera mercadoría importada en Melilla está suxeita a trámites aduaneiros de importación.
@CorreosAtiende