Se o teu envío procede de Ceuta, Melilla ou dalgún país non pertencente á Unión Europea e o seu valor supera os 150 € ou contén mercadoría de valor inferior a esta cantidade, pero está suxeita a controis sanitarios ou a impostos, aplicarase este Procedemento Ordinario para o cal pode ser necesaria a formalización dun DUA Ordinario presentado ante a Axencia Tributaria (AEAT).
Nestes casos, o envío pode estar suxeito ao pagamento de dereitos arancelarios de importación, ademais dos tributos canarios correspondentes (IXIC, AIEM, RM) e dos Impostos Especiais que se requiran.
Se contratas os servizos de Correos para realizar a tramitación aduaneira deberás aboar a tarifa correspondente pola tramitación do DUA Ordinario, custodia e presentación do envío á Alfándega, ademais da tarifa correspondente aos trámites de seguridade fronteiriza que haxa que realizar cando a Alfándega así o requira (sanidade, farmacia ou CITES).
Non obstante, enviarémosche previamente o presuposto con todos os gastos que deberás aboar.
Podes designar a Correos como o teu representante ante a Alfándega para despachar o envío e recibilo no domicilio comodamente sen necesidade de desprazamentos. Recibirás unha comunicación denominada Alfándega Aviso de Chegada onde se te informará de tres alternativas posibles para despachar o teu envío ante a Alfándega:
A Alfándega ten potestade para inspeccionar ou reter os envíos con mercadorías e para aplicar os controis que considere necesarios sempre que o crea oportuno.