Importación en Ceuta

Calquera envío que se importe en Ceuta está suxeito a trámites aduaneiros de importación con independencia da súa orixe, do valor ou natureza do seu contido, ou da condición do destinatario ou do remitente.

Os procedementos de importación en Ceuta son dous: 

  • Declaración simplificada para envíos de escaso valor (Baixo valor H7)
    Se o teu envío cumpre os seguintes requisitos
    • Valor da mercadoría que non exceda de 150 €
    • Mercadoría non suxeita a impostos especiais (tabaco, alcohol, etc.)
    • Mercadoría non suxeita a controis paraduaneiros.

Deberás de facerte cargo do pagamento do IPSI á importación ademais da tarifa de Correos. 

O pagamento destas cantidades poderás realizalo en efectivo á entrega do envío (proximamente a través da App de Correos).

  • DUA Completo
    Aplicarase no resto dos casos; isto é, cando o envío sexa de valor superior a 150 €, ou a mercadoría estea suxeita a Impostos Especiais ou suxeita a controis paraduaneiros á entrada.

    Deberás facerte cargo do pagamento do IPSI á importación ademais da tarifa de Correos.

    O pagamento destas cantidades poderás realizalo en efectivo á entrega do envío (proximamente a través da App de Correos). 
Importación por Procedemento Simplificado (DUA Simplificado) Importación por Procedemento Ordinario (DUA Ordinario)