Tramítase por Procedemento Simplificado a importación dos envíos dirixidos a un destinatario particular ou persoa física, sempre que en Correos dispoñamos da documentación necesaria para despachar o envío ante a Alfándega e o envío non necesite pasar ningún control fronteirizo de seguridade.
Para realizar os teus envíos con mercadorías a Ceuta debes achegar a factura por triplicado co NIF do destinatario nun sobre pechado e colocado na cuberta da embalaxe. Desta forma evitarase o atraso do envío e axilizarase o procedemento de entrega.
Dende Correos encargarémonos de realizar a tramitación aduaneira para que recibas os teus envíos comodamente no teu domicilio. No momento da entrega deberás aboar o importe da nosa tarifa e só terás que pagar o IPSI se elixiches a modalidade de pagamento inmediato.
Unha vez despachemos e entreguemos o teu envío facilitarémosche o Modelo 090, exemplar 8 do DUA, Levante da Alfándega e documento da entrega de Correos.
Recorda que podes rexeitar o envío no momento da entrega, ser ti quen despache os teus envíos ante a Alfándega, ou elixir que se encargue un axente externo.
A Alfándega ten potestade para inspeccionar ou reter os envíos con mercadorías e para aplicar os controis que considere necesarios sempre que o crea oportuno.