DUA Simplificado Península e Baleares

Tramítase por Procedemento Simplificado a importación de envíos cun valor da mercadoría comprendido entre 22€ e 150€, que o destinatario sexa un particular, e cuxa mercadoría non estea suxeita a impostos especiais (tabaco ou alcohol) nin a controis de seguridade fronteiriza (sanidade ou farmacia).

O obxectivo de Correos é que recibas os teus envíos comodamente no teu domicilio e por iso encargámonos de despachalo ante a Alfándega, aboando no acto da entrega tanto o IVE que corresponda coma o importe da nosa tarifa.

Nas túas compras online é moi importante que os datos que proporciones sexan correctos para que o vendedor poida encher a documentación postal e non se produza ningunha incidencia na entrega do envío. Dende Correos levámoscho o máis rápido que poidamos.

Recorda que podes rexeitar o envío no momento da entrega, ser ti quen despache os teus envíos ante a Alfándega, ou elixir que se encargue un axente externo.

Os envíos que conteñan efectos persoais usados están exentos do pagamento de IVE á importación, sempre que se acredite debidamente no momento de presentarse ante a Alfándega.

Do mesmo modo, os envíos entre particulares que conteñan unha mercadoría con valor de ata 45€ estarán obrigados á presentación de DUA e tamén estarán exentos do pagamento do IVE á importación sempre que non respondan a unha transacción comercial.  

A Alfándega ten potestade para inspeccionar ou reter os envíos con mercadorías e para aplicar os controis que considere necesarios sempre que o crea oportuno.