Poderás facer un seguimento do estado dos teus envíos en todo momento a través do noso localizador de envíos.
- En trámite de Importación - Emitido aviso ao destinatario.
Recibirás no teu domicilio unha comunicación, Alfándega Aviso de Chegada, na que se indicarán os pasos previos para o despacho do envío ante a Alfándega. Se o prefires, podes elixir que sexa Correos quen realice todos os trámites necesarios, só terás que facilitarnos a documentación e os datos que che indiquemos.
Se pasan dous ou tres días e non recibiches a comunicación, pode ser que en Correos non dispoñamos dos teus datos correctos. A través deste formulario poderás solicitarnos que che enviemos un novo.
- Recibida a documentación do destinatario.
Se a documentación que recibimos en Correos é correcta, enviarémosche por correo electrónico un orzamento indicando todos os trámites aduaneiros que a mercadoría debe cumprir en función das súas características e custos asociados.
En caso de estar de acordo co custo, deberás seguir as instrucións indicadas nesa comunicación, realizar o pagamento dos importes e dende Correos continuaremos co proceso de despacho de importación.
- Enviado o orzamento do trámite de importación.
O orzamento que che enviemos incluirá aranceis, impostos especiais e IVE se estás en Península ou Baleares, e, se estás en Canarias, o orzamento incluirá aranceis, impostos especiais, IXIC, AIEM e RM á importación, ademais do custo do servizo de Correos pola xestión e tramitación do DUA de importación e dos permisos paraduaneiros (sanidade, farmacia etc.) que sexan obrigatorios en función da mercadoría que se vaia importar.
- Recibida transferencia – Trámite de importación en curso.
Unha vez que recibamos correctamente o pagamento dos importes indicados no orzamento, procederemos a despachar a importación ante a Alfándega Española.
O prazo para despachar o envío pode variar segundo os casos. Polo xeral será de 2 a 4 días naturais, agás que a mercadoría teña que pasar algunha inspección especial, en cuxo caso a tramitación podería demorarse en función do tipo de control que requira a mercadoría (entre 8 e 15 días).
- Finalizada a tramitación de importación - Envío en curso cara ao destinatario
Finalizouse a tramitación do envío e está en proceso de entrega ao domicilio do destinatario.
- Finalizada a tramitación de importación - Envío entregado ao destinatario.
Indica que o usuario decidiu realizar os trámites de importación polos seus propios medios ou a través de persoa autorizada, e que o envío foi entregado.
- Finalizada tramitación de importación – Devolto por ser artigo prohibido.
Unha vez realizados os controis fronteirizos de seguridade, o envío non foi autorizado para a súa importación por tratarse dunha mercadoría prohibida.
Deste xeito, e por indicación da Alfándega, en Correos procederase a devolver o envío á súa orixe, e Correos reintegrará as cantidades que se ingresasen ao pagar o orzamento.
- Finalizada tramitación de importación – Devolto por ser artigo suxeito a restricións.
A mercadoría que contén o envío non foi autorizada para a súa importación por non cumprir coas condicións esixidas polas autoridades. Deste xeito e por indicación da Alfándega, en Correos procederemos a devolver o envío á súa orixe.
- Finalizada tramitación de importación – Devolto por non ser posible contactar co destinatario.
O prazo establecido no Aviso de Chegada para a realización dos trámites aduaneiros expirou.
É posible que o destinatario non achegase toda a documentación solicitada, ou que non se realizase o pagamento do orzamento, polo que non poderemos proceder á importación do envío e teremos que devolvelo á súa orixe.
Recorda que nas túas compras online deberás proporcionar correctamente todos os teus datos ao vendedor para que poida completar toda a documentación postal e facturas correspondentes que deben acompañar ao envío (datos de contacto do remitente e destinatario, datos do envío, cantidade de obxectos, descrición detallada do contido, valor de cada unha, facturas, clasificación arancelaria do contido se se coñece, orixe das mercadorías etc.).
- Finalizada tramitación de importación – Devolto ao país de orixe por outros motivos.
O envío foi devolto ao país de orixe por outros motivos.
Pode ser que fose reclamado por outra persoa ou rexeitado por parte do destinatario.