Atención! A partir do 1 de xullo entra en vigor unha nova normativa de carácter europeo que afectará as túas compras online. Queres saber en que consiste? Sigue lendo!
Independentemente do valor das mercadorías que compres, se resides na Península e Baleares a partir de xullo deberás pagar o IVE de importación por todas as compras online que realices fóra da UE ou en Canarias, Ceuta ou Melilla.
Eliminarase, polo tanto, a exención do IVE na importación de envíos cun valor de ata 22 € e a partir do 1 de xullo tamén pagarán IVE os envíos por debaixo de 22 €.
Como novidade, a nova normativa introduce dous procedementos distintos co obxectivo de facilitar o pagamento do IVE dos teus envíos cun valor menor ou igual a 150 € procedentes de fóra da UE ou de Canarias, Ceuta ou Melilla.
1. Pagamento do IVE a Correos cando chega a mercadoría.
2. Pagamento do IVE á plataforma electrónica no momento da compra.
Importante! Para os envíos cun valor superior a 150 € euros esta –normativa no suporá ningún cambio.
Sigue lendo!
Existirán dous procedementos distintos co obxectivo de facilitar o pagamento do IVE dos teus envíos cun valor menor a 150 € procedentes de fóra da UE ou de Canarias, Ceuta ou Melilla.
1. Pagamento do IVE a Correos cando chega a mercadoría.
2. Pagamento do IVE á plataforma electrónica no momento da compra.
A Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) autorizará Correos para tramitar o despacho e cobramento do IVE deste tipo de mercadoría no teu nome no momento da entrega dos paquetes.
Os destinatarios recibirán no seu domicilio os envíos previo pagamento do IVE e dunha taxa de despacho postal (cobramento de Correos pola xestión dos trámites necesarios no momento da importación).
Como realizar o pagamento previo á entrega?
Dende Correos queremos facilitarche o proceso! Por iso, desenvolvemos un sistema de pagamento a través da App de Correos onde te poderás rexistrar e realizar o ingreso correspondente. O obxectivo desta App é axilizar o proceso de entrega e que recibas os teus envíos no menor tempo posible. Os cargos de xestión serán 1,24 € + o imposto correspondente dende o 09/08/2022.
A tenda online fóra da UE na que realices as túas compras tamén pode facilitarche o aboamento deste imposto no momento que efectúes o pagamento do teu pedido. Serán estas empresas as responsables de facer chegar o teu pagamento a AEAT a través dun procedemento chamado “Xanela Única de Importación IOSS” (Import One Stop Shop, en inglés).
Como acceden os vendedores a este trámite?
As plataformas online deben rexistrarse na Administración Tributaria co fin de obter un número de identificación (“nº de identificación de IVE/ nº IOSS”) necesario para proceder ao trámite. Este será o número que comunicarán ao operador postal do país de orixe para que este, á súa vez, informe ao do país destinatario sobre o tipo de mercadoría que reciben na documentación adxunta ao envío.
Posteriormente, Correos farache entrega do envío no teu domicilio.
Para os envíos cun valor superior a 150 € euros esta nova regulación non supoñerá ningún cambio. Todos os destinatarios das mercadorías desta modalidade deberán pagar o IVE e o arancel correspondente como o fan na actualidade.
Correos contactará contigo para que ti decidas se queres que realicemos os trámites ante a Aduana no teu nome ou se prefires utilizar outras vías.
Lembra que neste procedemento tamén se inclúen os envíos suxeitos a Impostos Especiais (tabaco, alcohol...) ou a controis adicionais de seguridade (farmacia, sanidade...) ou que a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) contemple por calquera outro motivo.
Consulta toda a información adicional que precises sobre esta nova normativa nas seguintes páxinas de interese:
- Folleto Ecommerce AEAT xullo 2021
• AEAT: IVE e comercio electrónico;