A Orde Executiva 14324 (OE) de EE. UU. elimina a exención arancelaria (“de minimis”) sobre envíos de valor igual ou inferior a 800 dólares dende o 29 de agosto de 2025, esixindo a aplicación de aranceis a todas as mercadorías que entren no seu territorio (e os territorios de ultramar Samoa Americana, Porto Rico, Illas Marianas do Norte, Guam e Illas Virxes EEUU. Todas as mencións realizadas aos envíos dirixidos a EE.UU. entenderanse extensibles a estes territorios.) independentemente do seu valor e da súa orixe, salvo excepcións.
Isto implica que:
Esta situación obriga Correos, ao igual que a todos os operadores postais que xestionan envíos con destino a Estados Unidos, a modificar substancialmente os seus procesos, así como a aumentar os controis dos envíos para poder implementar os novos requisitos aduaneiros, impactando de xeito significativo na loxística postal internacional e nos fluxos de comercio electrónico.
Debido á escasa marxe de tempo para adaptarse a estas novas esixencias, e en prol de protexer os intereses dos seus clientes, Correos viuse obrigado, ao igual que a maioría dos operadores postais internacionais, a suspender temporalmente os envíos con mercadorías con valor igual ou inferiores a 800 dólares cara a Estados Unidos.
Como consecuencia da Orde Executiva ditada o 30 de xullo polo presidente de EEUU, dende o 3 de setembro 2025, Correos só admite aqueles envíos a EEUU que conteñan exclusivamente documentos sen valor comercial e os paquetes con mercadorías cuxo valor supere os 800 dólares.
Esta situación manterase durante o tempo estritamente imprescindible para adoptar as medidas operativas necesarias que permitan atender as novas obrigas derivadas da Orde Executiva de EE.UU.
Correos responderá pola perda, subtracción, deterioración ou incumprimento dos prazos de entrega en función das características propias do produto contratado e conforme ás normativas aplicables e as condicións e contía fixadas. Pode consultar estas garantía, condicións e contías na páxina web www.correos.es, en calquera oficina de Correos ou a través do teléfono de atención ao cliente 900 400 004.
Correos informará puntualmente aos seus clientes sobre a evolución e avances que se produzan na implementación destas medidas co fin de resolver esta suspensión no menor tempo posible.