Os teus envíos proceden do exterior da Unión Europea? Se a resposta é que si... Tes que seguir lendo!
A partir do 15 de marzo de 2021 entra en vigor unha nova normativa da Unión Europea co obxectivo de protexer o mercado único e os seus cidadáns. Correos deberá informar, obrigatoriamente e por anticipado, ao Sistema de Control de Importación 2 da UE (ICS2) sobre os datos das mercadorías que se introduzan en España por vía aérea.
Non te preocupes! Só terás que asegurarte de introducir ben todos os teus datos persoais ao rexistrar os teus pedidos.
Os datos deberán facilitarse en formato electrónico polo país de orixe da mercadoría (un país fóra da UE), ou pola plataforma de venda/web onde se realice a compra. Grazas a esta información, a Aduana realizará os controis de seguridade permanentes, xa vixentes no Código Aduaneiro da Unión (CAU).
Sempre e cando os datos facilitados sexan correctos e verdadeiros, como destinatario dos envíos en España, recibirás os teus pedidos seguindo as canles habituais de importación sen ningún problema.
@CorreosAtiende