Con Correos ID poderás identificarte e acceder a todos os servizos e produtos de Correos dende unha única identidade, sen necesidade de volver introducir a túa información persoal en cada rexistro ou acceso.
Para rexistrarte só necesitarás introducir un email ou teléfono como identificador de usuario e elixir un contrasinal seguro. Poderás cambialo sempre que o precises dende o menú superior de opcións, ou solicitándoo dende algún outro servizo dixital de Correos.
Ademais, para darte de baixa é moi sinxelo, só terás que seleccionar “Borrar Correos ID” no menú superior de opcións. Ten en conta que se coa túa Identidade de Correos ID xa accederas a algún produto ou servizo de Correos, tamén se eliminará a túa conta nestes servizos. Unha vez se procese a baixa de todos estes servizos, Correos ID borrará a túa conta.
E se te arrepintes, non te preocupes, xa que poderás recuperar a túa conta nun prazo de ata 30 días, durante os que manteremos unha copia de seguridade de toda a túa información. Transcorrido este prazo eliminarase de forma definitiva e non será recuperable, polo que se quixeses volver usar Correos ID ou calquera dos outros servizos deberás realizar todo o trámite de alta de novo.
Perfil.
Completa o teu perfil incluíndo os teus datos persoais, email e teléfono.
Lembra modificar os teus datos e manter o teu perfil actualizado, xa que será común para todos os servizos e produtos de Correos e afectará aos que xa tes asociados. É dicir, se cambias o teu enderezo para recibir os teus envíos de compra online, tamén se verá actualizado para o resto de servizos de Correos.
Verificacións.
Verifica os datos do teu perfil, serviranche para identificarte noutros produtos e servizos. Cantos máis datos verifiques, máis segura será a túa conta.
Lembra que para cambiar o teu teléfono deberás repetir os pasos de validación do novo número introducindo o código que che enviaremos por SMS, ou que para cambiar o teu email deberás confirmar o teu novo enderezo e seguir as instrucións indicadas no correo de validación que che enviaremos.
Dende Correos ID ofrecemos distintas formas de validación dos teus datos co fin de garantir que recibas as comunicacións e que poidas acceder aos nosos produtos e servizos. Non obstante, seguimos traballando en desenvolver novos mecanismos que permitan validar toda a túa información unha única vez e nun só servizo.
Servizos.
Accede á listaxe de servizos de Correos que ofrecen a posibilidade de usar Correos ID como identificación, onde incluiremos todos os produtos e servizos novos que lancemos.
Ademais, poderás comprobar cales tes dados de alta, en proceso de baixa ou sen rexistrar.
Privacidade.
Xestiona os consentimentos sobre os teus datos e para que fin se utilizan, autoriza ou denega o acceso á túa información e dáte de baixa nos servizos que queiras.
Lembra que non todos os servizos se poden dar de baixa automaticamente a través de Correos ID, nalgúns será necesario xestionalo mediante a páxina web ou app móbil do servizo. En calquera caso, deixaremos de compartir os teus datos con ese servizo dende que selecciones a opción de “Retirar acceso” ou de “Dar de baixa”, e ti tampouco poderás entrar a eles ata que volvas autorizarlles o acceso:
Toda a información xestiónase consonte á Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, así como o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos).