O phishing é unha técnica utilizada polos ciberdelincuentes que consiste en enganar ás persoas facéndose pasar por unha empresa ou servizo de confianza. O obxectivo final é obter os nosos contrasinais persoais, instalar malware no noso equipo ou conseguir o noso diñeiro.
En Correos somos conscientes de que a nosa imaxe gusta moito aos ciberdelincuentes. A través de correos e SMS circulan numerosas campañas de phishing que suplantan a identidade de Correos co obxectivo de roubar os datos dos nosos clientes ou solicitar movementos bancarios, co conseguinte risco económico ou de privacidade que teñen estas accións.
Aplica o sentido común e se precavido: a túa seguridade é o máis importante.
Ferramenta dixital que axuda a saber se o correo electrónico que recibiches por parte de Correos é realmente noso e é seguro.