Decálogo de seguridade

1.     Non utilices redes Wifi públicas ou sen autenticación sen precaución: podes estar a expor os teus datos persoais, bancarios ou contrasinais.

2.     Verifica que a conexión a Internet que estás a utilizar é segura e que non avisa de perigos ou erros.

3.     Utiliza contrasinais complexos que conteñan letras, números, símbolos, maiúsculas e minúsculas. Ademais, non os compartas nin deixes anotados en lugares visibles.

4.     Instala as últimas actualizacións para o teu dispositivo e emprega sempre software licenciado de repositorios oficiais.

5.     Desconfía de correos electrónicos ou SMS que soliciten datos persoais, movementos bancarios ou que proveñan de fontes dubidosas.

6.     Non facilites información confidencial por correo electrónico, SMS ou chamada telefónica.

7.     Presta atención aos correos que conteñen arquivos adxuntos ou executables: nunca os abras nin executes sen contactar coa entidade que supostamente envía o correo.

8.     Ten coidado coas ligazóns contidas en correos ou SMS: pasa o rató por riba da ligazón para verificar a que enderezo che reenvía.

9.     Borra as cookies do teu ordenador para non almacenar información non desexada. Podes atopar información sobre como facelo aquí.

10. Non facilites información persoal en RRSS nin realices publicacións indicando onde estás a pasar as túas vacacións, onde traballas ou a que colexio van os teus fillos.

En definitiva, aplica o sentido común e se precavido: a túa seguridade é o máis importante. 

Aínda tes dúbidas?

915 197 197

De luns a venres de 8:00 a 20:00 e sábados de 9:00 a 13:00.

Tratamento de datos

Se tes algunha dúbida sobre o tratamento datos de carácter persoal, escríbenos.

Atención persoal nas nosas oficinas

Se desexas atención presencial, podes ir a calquera oficina de Correos.