En Correos somos conscientes de que a nosa imaxe gusta moito aos ciberdelincuentes. A través de correos e SMS circulan numerosas campañas de phishing que suplantan a identidade de Correos co obxectivo de roubar os datos dos nosos clientes ou solicitar movementos bancarios, co conseguinte risco económico ou de privacidade que teñen estas accións.
Coa misión de velar pola seguridade de todos os nosos clientes, en Correos contamos cun equipo de Resposta ante Incidentes que está permanentemente alerta para detectar, xestionar e mitigar calquera incidente de seguridade. Este servizo realiza seguimentos constantes, dentro dun proceso de mellora continua, para mitigar as fraudes que circulan dixitalmente a través de correos electrónicos, SMS ou redes sociais suplantando a identidade da nosa Organización.
O noso equipo de Resposta ante Incidentes leva a cabo unha vixilancia dixital permanente en ámbitos dixitais e RRSS para cumprir dous claros obxectivos:
Paralelo a este proceso de vixilancia dixital, o equipo de Resposta ante Incidentes de Correos está en constante contacto cos organismos oficiais que velan por conseguir un ciberespazo máis seguro, como CCN-Cert, INCIBE ou AEPD, entre outros.