Situacións Especiais de Distribución

Ucraína: 

Mantense aberta a admisión. Os envíos a este destino son distribuídos polo correo de Ucraína existindo dificultades e limitacións horarias e zonais na distribución polo que os envíos poderían verse demorados.

Rusia: 

Mantense  aberta a admisión. Debido á escaseza e ás dificultades de transporte, os envíos dirixidos a este destino poden sufrir atraso.

Os envíos con destino Rusia están suxeitos a restricións á exportación acordadas pola Unión Europea, por iso, estes envíos poden ser inspeccionados pola autoridade competente para comprobar o cumprimento das citadas medidas. Máis información.

Israel:

Debido á situación na zona, os envíos con destino Israel poden ter demoras no seu transporte e distribución.

Palestina:

Debido á situación na zona, os envíos con destino Palestina poden ter demoras no seu transporte e distribución.

Líbano:

Debido á situación na zona, os envíos con destino Líbano poden ter demoras no seu transporte e distribución.

Canadá:

Canadá Post volve a operar unha vez finalizada a folga dos seus traballadores. Regularizáronse os envíos con trazabilidade manténdose os atrasos na distribución de envíos dos envíos ordinarios.

Estados Unidos de América:

O operador designado dos Estados Unidos de América, United States Postal Service (USPS), solicítanos que informemos da situación debida aos impactos dos incendios de Los Ángeles, que provocaron danos catastróficos xeneralizados no sur de California.

Esta situación abranguerá as obrigas de servizo e execución de USPS para EMS, correo postal e paquetería, debido á importante interrupción de rutas e entregas, incluída a destrución de instalacións postais. As zonas afectadas son as comprendidas entre os códigos postais 90001 e 95399. Espérase que a recuperación e a limpeza sexan longas para as comunidades destas áreas.