Con constancia legal, servizo exclusivo para Organismos Públicos.
Xustificante da entrega certificado, asinado electronicamente con selo de tempo e co detalle da sinatura do destinatario, enviado mediante un arquivo PDF. Con toda a garantía de Correos.
Pódese comprobar a través do visor de CSV (Código Seguro de Verificación) que che permite descargar o arquivo para comprobar a integridade e autenticidade do selo de tempo e das sinaturas que contén.
Confirmación de entrega por escrito, de maneira que quede constancia de cando e quen recibiu o envío.
Para clientes con contrato.
Solicita unha xestión adicional á entrega dun envío ou á admisión dunha devolución.
Xustificante da entrega certificado, asinado electronicamente con selo de tempo e co detalle da sinatura do destinatario, enviado mediante un arquivo PDF. Con toda a garantía de Correos.
Pódese comprobar a través do visor de CSV (Código Seguro de Verificación) que che permite descargar o arquivo para comprobar a integridade e autenticidade do selo de tempo e das sinaturas que contén.
Para clientes con contrato.
Solicita unha xestión adicional á entrega dun envío ou á admisión dunha devolución.
Para clientes con contrato.
Solicita este servizo para que Correos ordene os teus envíos por ámbito e códigos postais, requisito imprescindible para presentar a correspondencia nas unidades de admisión masiva.
Podes solicitar a devolución, modificación ou corrección do enderezo postal do envío. Se a petición se realiza por telégrafo, terás que aboar o prezo do servizo telegráfico correspondente.
Este servizo préstase por cada envío remitido, non por remesas.
Para clientes con contrato.
Podes solicitar este servizo para os teus envíos máis importantes.
Para clientes con contrato.
Recollemos os teus paquetes no teu domicilio ou almacén. A dispoñibilidade depende do volume do envío e do punto de recollida.
Para clientes con contrato.
Solicita que dixitalicemos os xustificantes de recepción dos envíos entregados e non entregados. Ademais, ofrecemos a posibilidade de entregar as imaxes escaneadas, asinadas electronicamente cun certificado dixital e con selo de tempo.
Para clientes con contrato.
Solicita que dixitalicemos os xustificantes de recepción dos envíos entregados e non entregados. Ademais, ofrecemos a posibilidade de entregar as imaxes escaneadas, asinadas electronicamente cun certificado dixital e con selo de tempo.
Transcorridos 60 días naturais dende a data de depósito dunha remesa de envíos, realizaremos un proceso informático para detectar aqueles que non teñan imaxe escaneada e emitiremos unha certificación co estado da entrega, os datos da persoa que o recolleu, relación co destinatario, data e hora do intento ou intentos de entrega, identidade e sinatura do traballador de Correos e selo da oficina correspondente.
Para os envíos sen resposta nin imaxe, gravarase o resultado «Extraviado» e dixitalizarase unha certificación acreditativa que irá asinada polo responsable correspondente.
Para clientes con contrato.
Solicita o seguimento telemático dos teus envíos a través da web ou do intercambio de ficheiros.
Para clientes con contrato.
Solicita o seguimento telemático dos teus envíos a través da web ou do intercambio de ficheiros. Informarémoste do último estado coñecido e rexistrado do teu envío, dos datos da persoa que o recolleu, da data e hora de entrega ou intento de entrega e de calquera circunstancia que o afecte.
Transcorridos 40 días naturais dende a data de depósito dunha remesa de envíos, realizaremos un proceso informático para detectar aqueles que non teñan informado o resultado e solicitaremos ás nosas oficinas de distribución a información necesaria para rexistrar a resposta correspondente.
Para clientes con contrato.
Optimizámosche a calidade dos teus enderezos.
Para clientes con contrato.
Ofrecémosche unha ferramenta clave para optimizar a calidade dos teus enderezos e que as túas campañas cheguen aos teus clientes potenciais. A normalización pode ser manual ou automática. Analizamos e corriximos os ficheiros de enderezos en formato estándar e enriquecemos as túas bases de datos para mellorar as túas comunicacións comerciais.
Son envíos procedentes de Organismos Públicos con entrega fidedigna a domicilio baixo sinatura (dous intentos de entrega), segundo requirimento legal.
O ámbito de prestación é España.
Hai dous tipos:
O envío está formado por unha Notificación con Proba de Entrega Electrónica (PEE) ou Notificación de Recibo (AR) (é obrigatorio a elección dun dos dous valores engadidos a seleccionar polo cliente) máis a xestión de entrega (obrigatorio).
Precisamos que o tamaño se axuste a estas medidas:
Se queres enviar algo máis pequeno, non te preocupes, só terás que engadirlle unha etiqueta de 10 x 7 cm na que apareza o enderezo e o franqueo.
E que non supere os 2 kg!!
O prazo de entrega sería: D+3 (93 % dos envíos).
En casos de envíos masivos, os compromisos de prazos fixaranse de acordo co cliente.
Adicionalmente podes elixir os seguintes servizos adicionais para incluílos no teu envío (só para clientes con contrato).
Todas as Notificacións dispoñen gratuitamente para o usuario de seguimento na web de Correos.
Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos: