Autoridade de Selado de Tempo

A certificación máis segura para os teus arquivos electrónicos.

Envía unha solicitude ao servizo de Selado de Tempo de Correos a través da nosa web. 
O servizo xerará un selo de tempo que incluirá o hash, a data, hora e a sinatura electrónica do Selado de Tempo de Correos.
Enviámoscho, para que sexas ti quen o poida custodiar.

Información do produto

Descrición:

Con este servizo garantimos que a información contida nun arquivo ou documento non se modificou dende o instante no que se xerou o selo, asegurando a súa integridade no tempo. Por iso é a certificación máis segura para os teus documentos electrónicos:

Facturas electrónicas: é importante coñecer a data de emisión e sinatura dunha factura posto que leva consigo efectos xurídicos.

Sinatura de contratos: a data de sinatura dun contrato determina o momento a partir do cal se orixinan as obrigas e dereitos de cada unha das partes.

Presentación a concursos: todo o proceso previo de licitación implica diversos actos que levan consigo unha consecuencia xurídica a partir da data do concurso.

Publicación Boletíns Oficiais: moitas das publicacións que se realizan en boletíns oficiais, como son as leis e normas, entran en vigor a partir da data da súa publicación, podendo ser o mesmo día, ao día seguinte ou nun tempo concreto. Polo tanto, que esta data de publicación conte cun selo de tempo asinado por un prestador de confianza, achega un gran valor.

Protección propiedade intelectual: poñer o selo de tempo nunha obra literaria, artística ou científica, é unha forma de protexer a propiedade intelectual do creador fronte a plaxios ou requirimentos legais.

Seguros:

Pólizas: a data de sinatura da póliza determina o momento a partir do cal se orixinan as obrigas e dereitos de cada unha das partes.

Peritos: permite a posibilidade de selar fotografías realizadas polos peritos á hora de verificar que un interese asegurado se encontraba dunha certa maneira nun momento concreto.