Telegrama

Envío das túas mensaxes máis urxentes coa maior fiabilidade.

ENVIAR
Telegrama ENVIAR

Servizos adicionais

Aviso de recibo

Confirmámosche por escrito a entrega do teu documento telegráfico para que quede constancia tanto da persoa que o recibiu como da data e hora da recollida. 

Copia certificada

Como remitente, quede cunha copia autenticada da súa comunicación enviada por Burofax ou Telegrama. Pode solicitar este servizo no momento da imposición do envío ou posteriormente. Con validez legal fronte a terceiros.

Prueba de Entrega Electrónica (PEE)

Xustificante dixital da entrega certificada.
MÁIS INFO

Certificacións

Para envíos rexistrados, servizo adicional de Certificación de entrega para que conste aos fins que sexa necesario e con validez legal fronte a terceiros. 

Certificación de contido

Certificámosche o contido da mensaxe enviado por burofax, que ten valor de proba legal fronte a terceiros. Pódese solicitar ata cinco anos despois da admisión do envío.

Aviso de Recibo

Confirmación de entrega por escrito, de maneira que quede constancia de cando e quen recibiu o envío.
Ver países de destino

Custodia 120 meses

Solicita que gardemos o teu envío durante máis tempo, dende 60 a 120 meses, por se durante ese prazo necesitas pedirnos unha certificación de contido.
Rexístrate en Mi Oficina e selecciona se desexas enviar un Telegrama Nacional ou Internacional. Poderás poñer un identificador ao teu envío que che permitirá xestionalo dende a túa conta.  
Prepara o teu telegrama redactando o texto ou elixindo algunha das mensaxes predefinidas que ofrecemos.
Engade os destinatarios de un en un, cargando un ficheiro ou reutilizando destinatarios de envíos anteriores e inclúe os servizos adicionais que queiras deste produto.
Realiza o pagamento con tarxeta de crédito, débito ou PayPal ou con cargo a contrato de Correos. 

Información do produto

Descrición

Co Telegrama de Correos poderás enviar as túas mensaxes máis urxentes en todo momento e sen moverte da túa casa. A entrega realízase baixo sinatura do destinatario e enviámosche un aviso para que quede constancia asinada diso.

Ademais, poderás solicitar unha copia certificada, tanto do contido do telegrama coma do aviso da súa entrega, con valor de proba ante xuíces e tribunais e con validez legal fronte a terceiros. 

Detalles de envío

O servizo Burofax Premium permite o envío urxente dos teus documentos máis importantes en calquera momento e sen moverte da casa.

Modalidade de envío.

  • Presencial, achegándote a calquera oficina de Correos.
  • Online e dende calquera parte, a través do servizo de Mi Oficina da nosa web.
  •  Por teléfono, chamando o 915 222 000
    • Luns a venres: de 8:00 a 21:45.
    • Sábados: de 08:00 a 14:30 (agás festivos nacionais).
  • Polo número de Atención ao Cliente de Correos, 915 197 197, marcando a opción #3 para “recibir atención comercial”, e posteriormente no submenú #3 “enviar un telegrama”.
    • Luns a venres: de 8:00 a 20:00.
    • Sábados: de 9:00 a 13:00 (agás festivos nacionais).

Na modalidade presencial poderás realizar o pagamento con tarxeta ou efectivo, no resto de opcións o pagamento realizarase mediante tarxeta de crédito.

Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos:

  • Domicilio do destinatario.
  • Oficinas de Correos.
  • Apartado de Correos.

Garantías e prazos de entrega

Por demora atribuíble a Correos, devólvese a tarifa correspondente ao Burofax sen incluír os valores engadidos.

Telegrama nacional:

  • Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: mínimo 2 días e máximo 6 meses.
  •  Condicións: o prazo de entrega será o mesmo día hábil en localidades que teñan unidade de entrega urxente.

Telegrama internacional:

  • Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: mínimo 3 días e máximo 4 meses.
  • Condicións: os prazos dependerán do país de destino.

Lembra que os prazos de entrega só se cumprirán se o proceso de admisión online se completou antes das 12:45 e o destino do envío son localidades con Unidades de Repartición Especial.

Prezos

Se queres que che fagamos unha oferta personalizada, falemos.