GANES

Xestiona os teus albarás con Correos.

Que preciso para utilizar GANES?

Para executar GANES é necesario ter instalado o software de Java. 
DESCÁRGAO AQUÍ
Para imprimir os albarás é necesario ter instalado Acrobat Reader. 
DESCÁRGAO AQUÍ

Como funciona GANES?

Prepara os teus envíos.
Elabora o albará con GANES indicando o teu número de contrato con Correos, o número de envíos, e as súas modalidades.
Lembra que só debes xerar albarás de produtos que teñas contratados con Correos.
Imprime o albará e deposítao xunto cos teus envíos na túa oficina de Correos máis próxima.

Como o descargo?

Non é necesario rexistrarse.
Comproba que o teu equipo cumpre os requisitos técnicos para executar GANES.
Descarga o arquivo de instalación segundo o sistema operativo do teu ordenador
Executa o instalador e sigue os pasos indicados para completar a instalación.

Área de descarga de software

Descarga GANES segundo o sistema operativo do teu ordenador

Esta descarga non está dispoñible para dispositivos móbiles ou tablets.

Vas actualizar a túa versión de GANES e queres manter os teus albarás?

MAC OS
WINDOWS
LINUX
UNIX/SOLARIS
VISUALIZAR LICENZA DE USO DO SOFTWARE

Novidades

Versión 23.03.00.00– 24 de marzo, 2023

  • Actualización: Novas etiquetas de control na nube de puntos

Versión 22.01.00.00 - 31 de xaneiro, 2022.

  • Corrección de defectos.

Versión 21.11.00.00 - 02 de decembro, 2021.

  • Actualización coa nova imaxe corporativa de Correos.

Versión 21.10.00.00– 5 de outubro, 2021

  • Corrección de defectos.

Versión 4.5.0 – 12 de xaneiro, 2021

  • Engádese o ámbito Internacional Zona 3 (EEUU, Canadá, Xapón, Nova Zelanda e Australia) para os produtos Cartas Certificadas Internacional, Cartas Ordinarias Internacional, Libros Internacional, Publicorreo Internacional e Publicaciones Periódicas Internacional.

Versión 4.3.0 – 29 de maio, 2020.

  • Adecuación dos nomes dos produtos de Notificaciones.
  • Axustes nas modalidades ofrecidas nos produtos de Notificaciones.

Versión 4.2.0 – 21 de xaneiro, 2020.

  • Deixa de ofrecerse o Publicorreo Nacional (tanto en franqueo pagado como en franqueo á máquina) e, polo tanto, elimínase da lista de produtos. Mantéñense as alternativas de Publicorreo Óptimo e Publicorreo Premium.
  • Auméntase de 50 a 100 o mínimo de envíos do Publicorreo Premium.

Versión 4.1.0 – 18 de outubro, 2019.

  • Melloras da aplicación.
  • Versión 4.0.1 – 22 de febreiro, 2019.
  • Melloras da aplicación.

Versión 4.0.0 – 03 de xaneiro, 2019.

  • A Carta Certificada con Retorno de Información (do anexo 80) pasa a ofrecer a Prueba de Entrega Electrónica (PEE) como unha modalidade en vez de como un servizo adicional.
  • No produto anterior pásase a ofrecer, ademais de custodia da PEE por 5 anos, a custodia de 10 e 15 anos.
  • Deixa de ofrecerse o eAR (notificación de recibo electrónico) e, no seu lugar, séguese ofrecendo a PEE, máis eficiente e igual de válida como proba de entrega.
  • Como consecuencia do anterior, cámbiase a denominación dos produtos que tiñan eAR a Cartas Certificadas (Anexo 80) – PEE, Cartas Certificadas Acuerdos Especiales – PEE e Notificaciones Acuerdos Especiales – PEE.

 

Pásate a Mi Oficina

En Correos tamén che ofrecemos a posibilidade de rexistrar online os teus albarás dunha forma máis rápida e sinxela.
IR A MI OFICINA