Módulo Correos Magento

Todas as funcionalidades para a túa tenda online.

Descarga o módulo e o manual de usuario.

Esta descarga non está dispoñible para dispositivos móbiles ou tablets.

Manual de usuario
Descargar Módulo Correos Magento v4.0.5

O módulo de Correos para Magento integra servizos de paquetería nacional e internacional, facendo da xestión dos teus pedidos unha tarefa rápida e sinxela.

Este servizo está dispoñible para moitos dos nosos produtos:

Paquetería Nacional:

  • Paq Premium: a domicilio, en oficina e en Citypaq.
  • Paq Estándar: a domicilio, en oficina e en Citypaq.
  • Paq Retorno.

E dispoñerás dunha gran variedade de funcionalidades:

  • Elixir durante o proceso de compra o CityPaq ou a oficina de Correos onde se queira recoller o pedido.
  • Xerar a etiqueta do envío para imprimir no momento e pegala ao paquete.
  • Solicitar a recollida dos teus paquetes para que non teñas que desprazarte ata unha das nosas oficinas para depositalo.
  • Coñecer o estado do envío dende cada pedido.

Reduce o tempo que dedicas á xestión dos envíos co noso servizo de entrega. Dende Correos encargámonos de todo para que poidas dedicar os teus esforzos ao teu negocio.

Se aínda non es cliente, contacta co noso servizo de Atención ao Cliente no 915 197 197 e informámoste.